Novas da SGAPEIO, 14 de xuño 2017

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
Como sabedes, o o XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións celebrarase en Ferrol do 26 ao 28 de outubro de 2017, organizado polo departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña. Como en edicións anteriores, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e comunicacións, ademais de actividades de carácter cultural coas que procuramos facer máis atractiva a participación.
Datas importantes:
- Data límite para o envío de traballos: 30 de xuño de 2017.
- Data límite para a notificación de aceptación ou rexeitamento: 30 de xullo de 2017.
- Data límite para inscrición a prezo reducido: 15 de setembro de 2017.
Máis información: http://sgapeio2017.udc.es/

2.- Seminario na Facultade de Matemáticas
O departamento de Estatística, Análise Matemático e Optimización de Santiago organiza un seminario sobre “Predicción Estatística en variables relacionadas coa producción de Enerxía” que terá lugar o día 29 de xuño de 2017 no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas.
12:00 – 13:00 Manuel Oviedo de la Fuente (Universidade de Santiago de Compostela e ITMATI). “Selección de variables aplicada á predicción da demanda e o precio da enerxía”
13:00 – 14:00 Jairo Cugliari (Universidad de Lyon 2). “Non parametric forecasting and functional clustering using wavelets. Application to electricity demand”

3.- IX Xornadas de Usuarios de R
A Asociación R-Hispano anuncia a celebración das IX Xornadas de Usuarios de R. Nesta ocasión, as Xornadas celebraranse na ETS de Enxeñerías Informática e de Telecomunicación da Universidade de Granada os días 16 e 17 de novembro de 2017.
O obxectivo das Xornadas é proporcionar un punto de encontro á diversidade de usuarios de R polo que, independentemente da filiación ou da área de traballo ou investigación, todo usuario de R é benvido.
Como en anos anteriores, a presentación de traballos nas Xornadas pode ser en forma de Presentación oral, en distintas sesións paralelas, en forma de Póster, nunha sesión específica, ou coma un Obradoiro que permita profundizar en aspectos interesantes e menos coñecidos de R.
Nesta edición das Xornadas tamén se outorgará un premio ao mellor traballo presentado por un investigador novo (ver bases na web das Xornadas).
Datas importantes:
- Envío de comunicacións (presentación/póster/obradoiro): do 15/04/2017 ao 15/06/2017.
- Decisión sobre envíos: 01/07/2017
Máis información: http://r-es.org/9jornadasR/

4.- Curso de Estadística Avanzada co software R
O IGE organiza un curso de Estatística avanzada co software R para o Persoal ao servizo da Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da Dirección Xeral de Función Pública.
O obxectivo do curso é proporcionar formación no uso de técnicas estatísticas avanzadas empregando o software R. É preciso ter coñecementos previos do software R e de estatística.
Programa
1. Introdución. Repaso das nocións básicas do software R
2. Modelos lineais xeralizados con R.
3. Análises de compoñentes principais con R.
4. Análises de series temporais con R.
5. Creación de programas feitos a medida con R. Creación de novas función
Máis información: http://www.ige.eu/estatico/pdfs/s6/cursos/cursos_EGAP_2017/FC17045.pdf

5.- Curso de Estadística Aplicada con R
A Unidade de Bioestatística do Instituto IMDEA Alimentación e a Facultade de Ciencias da Universidade Autónoma de Madrid (UAM) organizaron conxuntamente a II Edición do programa de formación continua en “Estatística Aplicada con R” que se vai impartir en Madrid en 2017 de forma presencial. O programa está composto por 6 módulos que poden ser cursados de forma independente:
Módulos e Datas 2017
1. Introducción a R (Opción A) : 7, 8 de setembro.
1. Introducción a R (Opción B) : 21, 22 de setembro.
2. Métodos de Regresión e Análise Multivariante con R : 4, 5, 6 de outubro.
3. Métodos de Regresión Avanzados. Investigación en Ciencias Naturais con R : 18, 19, 20 de outubro.
4. Esttdística Aplicada á Investigación Biomédica con R : 25, 26, 27 de outubro.
5. Modelos Mixtos / Xerárquicos / Multinivel con R : 21, 22, 23 de novembro.
6. Técnicas Estatísticas de Data Mining con R : 27, 28, 29, 30 de novembro e 1 de decembro.
Todos os módulos vanse impartir na Facultade de Ciencias da UAM.
Máis información: http://www.alimentacion.imdea.org/noticias/2015/curso-de-estadistica-aplicada-con-r

6.- Corbi Data Summit 2017
The Data analysis and computation initiative (DACI) is one of the main scientific objectives of CorBI. The aim of this initiative is to promote synergies between different disciplines in order to develop new strategies in computation which will allow to analyse and get the most out of the large data sets (Big Data) which are currently being generated in the experimental, clinical and social sciences. For that, it is fundamental to combine the power of mathematics and theory with the latest technical advances in computer simulations.
More info: http://corbifoundation.org/course/corbi-data-summit-2017/#more-1664

7.- Cursos de Extensión Universitaria
O Departamento de Xenética, Microbioloxía e Estatística da Universitat de Barcelona, organiza uns cursos de extensión universitaria (sen requisitos previos) na Sección de Estatística da Universitat de Barcelona (Facultade de Bioloxía).

Títulos dos cursos:
- Xestión de datos, programación e gráficos con R (do 11 ao 19 de xullo de 16:00 a 20:00).
- Análise de datos e deseño de experimentos con R (do 3 ao 7 de xullo de 15:00 a 19:30).
Son dous cursos de introducción a R de 20 horas cada un. O primeiro está orientado a empezar a traballar con R e RStudio, e o segundo para analizar datos con R.
Máis información: Secretaría da sección de Estatística. Tel. 934021560, e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

8.- Oferta de emprego: consultor Data Science
Empresa: Management Solutions
Requisitos:
- Estudantes de último curso ou recién graduados en Matemáticas, Físicas, Estatística, Econometría, Enxeñería ou otros estudos con forte componente cuantitativo.
- Valorable a realización de estudos específicos de postgrao, en especial Data Science, Finanzas Cuantitativas ou similar.
- Valorable coñecemento de técnicas de modelización (logit, GLM, series temporais, árbores de decisión, clustering, etc.), linguaxes de programación estatística (SAS, R, Python, Matlab, etc.) e ferramentas e plataformas de big data (Hadoop, MongoDB, Cassandra, Pig, Hive, etc.).
- Nivel alto de inglés. Valorarase o coñecemento de outros idiomas.
- Dispoñibilidade para viaxar.
Funcións:
- Tratamento estatístico de datos (data mining).
- Modelización predictiva mediante técnicas de machine learning e data science.
- Modelización de eventos temporais (series temporais, modelos ARIMA).
- Desenvolvemento de modelos de simulación (Monte Carlo).
- Revisión e validación de modelos de rating e scoring, RAROC e parámetros de risco.
- Apoio matemático ao negocio: desenvolvemento de algoritmos, estatística e probabilidade.
- Proxectos de I+D.
Máis información: http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/modules/jobs/job_0101.html

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates