Novas da SGAPEIO, 16 de maio 2017

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
O departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña, a petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), organiza o XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Nesta ocasión, o congreso celebrarase en Ferrol do 26 ao 28 de outubro de 2017. É a segunda ocasión en que a SGAPEIO celebra en Ferrol o seu congreso bienal, despois de que en 2001 tivese lugar nesta mesma cidade o V Congreso. Como en edicións anteriores, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e comunicacións, ademais de actividades de carácter cultural coas que procuramos facer máis atractiva a participación.
Datas importantes:
- Data límite para o envío de traballos: 30 de xuño de 2017.
- Data límite para a notificación de aceptación ou rexeitamento: 30 de xullo de 2017.
- Data límite para inscrición a prezo reducido: 15 de setembro de 2017.
Máis información: http://sgapeio2017.udc.es/

2.- Wenceslao González Manteiga , novo membro do IMS
O Institute of Mathematical Statistics (IMS) acaba de elixir como novo membro ao catedrático de Estatística e Investigación Operativa da USC Wenceslao González Manteiga, unha designación reservada a investigadores de recoñecido prestixio no ámbito da estatística e a probabilidade. Este recoñecemento será entregado no Joint Statistics Meeting que se celebrará en Baltimore (EEUU) a finais do vindeiro mes de xullo e que está considerado como un dos eventos máis importantes do mundo no ámbito da estatística
Más información: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_05/noticia_0027.html

3.- Convenio entre a USC e a RSME
O presidente da Real Sociedad Matemática Española (RSME), Francisco Marcellán, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Viaño, firmaron en Santiago de Compostela un convenio que supón a inclusión da USC entre as institucións colaboradoras da Sociedade para a promoción das matemáticas nas súas vertentes culturais, científicas e académicas.
Máis información: http://www.rsme.es/content/view/2284/1/

4.- II DataBeers Galiza
Estás interesado en coñecer como os datos están a cambiar a nosa economía e a sociedade? Usas a análise de datos na túa actividade profesional? Participaches nalgún proxecto onde o uso dos datos fose relevante? E por último, gústache a cervexa?
Se che obsesionan os datos e queres discutir sobre estes temas nun ambiente informal e con persoas e historias interesantes, tes un novo punto de encontro en Santiago de Compostela o 18 de maio ás 19:30 na Nave de Vidán.
Consigue a túa entrada en: https://www.eventbrite.es/e/entradas-ii-databeers-galiza-33971690240
Máis información en: https://databeersglz.tumblr.com/

5.- Décima Reunión Española de Usuarios de Stata
A 10ª Reunión Española de Usuarios de Stata terá lugar en Madrid o xoves 19 de outubro de 2017. O obxectivo desta reunión é facilitar aos usuarios de Stata a oportunidade de intercambiar ideas, experiencias e información en novas aplicacións do programa. Todas aquelas persoas con interese no uso de Stata son benvidas.
Os invitados de StataCorpLP que asistirán á reunión son:
- Enrique Pinzón, Senior Econometrician en StataCorp.
- Isabel Cañete, Principal Mathematician and Statistician en StataCorp. A data límite para enviar ponencias é o 14 de xullo de 2017, e as ponencias poden referirse aos seguintes temas:
- Programas desenvolvidos polo propio usuario ou o seu equipo.
- Casos prácticos de investigación ou docencia usando Stata.
- Discusión sobre temas relacionados co manexo dos datos.
- Revisión de temas analíticos.
- Críticas ou estudios das aplicacións de Stata en campos específicos.
Máis información: http://www.timberlake.es/ (pendente de publicar)

6.- Oferta de emprego de math-in
Entidade: Red Española Matemática Industria (math-in).
Lugar de traballo: Facultade de Matemáticas, Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Posto: 1 contrato como Xestor de Transferencia de Tecnoloxía.
Perfil: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as, con experiencia previa contrastada de a lo menos un ano en xestión de transferencia de tecnoloxía e innovación, relacionada co ámbito das ciencias experimentais ou a enxeñería.
Data de inicio prevista: 1 de xuño de 2017.
Envío de solicitudes: As persoas interesadas poderán remitir o seu CV e unha carta de presentación ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando no “asunto” a referencia da oferta “Oferta emprego math-in”. (Data límite: 22 de maio de 2017 ás 14:00h).
Máis información: http://www.math-in.net/?q=es/content/oferta-empleo-gestor-transferencia-tecnolog

7.- Oferta de emprego ITMATI
Referencia: ITMATI-OT-03/2017.
Título: “Unidade de transferencia da ciencia e da tecnoloxía matemática á industria”. Esta contratación realizase no marco do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial para consolidar a Unidade de Transferencia da Ciencia e da Tecnoloxía Matemática á Industria.
Descripción do posto: 1 contrato como xestor de transferencia e tradutor de tecnoloxía na área da Simulación Numérica para a Unidade de Transferencia da Ciencia e da Tecnoloxía Matemática á Industria de ITMATI.
Perfil: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Másteres, con experiencia previa contrastada de a lo menos seis meses en xestión de transferencia de tecnoloxía e innovación, relacionada co ámbito das ciencias experimentais ou a enxeñería, e de a lo menos seis meses na execución de proxectos de transferencia no ámbito da simulación numérica.
Máis información: http://www.itmati.com/oferta-de-empleo-gestor-de-transferencia-y-traductor-de-tecnolog%C3%ADa-en-el-%C3%A1rea-de-simulaci%C3%B3n-num%C3%A9rica

8.- Praza de investigador bioestatístico senior
Entidade: Instituto IMDEA Alimentación (Instituto Madrileño de Estudios Avanzados en Alimentación).
Posto: Investigacdor bioestatístico senior.
Perfil: Doutor, Licenciado ou Graduado con máster en Bioestatística ou Estatística. Con base de formación en Estatística ou Matemáticas. Requírese experiencia demostrable na análise de datos epidemiolóxicos e clínicos
Presentación de solicitudes: ata as 17:00 horas do día 25 de maio de 2017.
Máis información: http://www.alimentacion.imdea.org/trabaja-con-nosotros/investigador-senior

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates