Novas da SGAPEIO, 04 de xullo 2017

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
Como sabedes, o XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións celebrarase en Ferrol do 26 ao 28 de outubro de 2017, organizado polo departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña. Como en edicións anteriores, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e comunicacións, ademais de actividades de carácter cultural coas que procuramos facer máis atractiva a participación.
Datas importantes:
- Data límite para o envío de traballos: 30 de xuño de 2017. Ampliada ao 25 de xullo!
- Data límite para a notificación de aceptación ou rexeitamento: 30 de xullo de 2017. Ampliada ao 1 de setembro.
- Data límite para a inscrición a prezo reducido: 15 de setembro de 2017.
Máis información: http://sgapeio2017.udc.es/ 

2.- Resolución da VII Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Está dispoñible na páxina web da SGAPEIO a información detallada sobre os traballos gañadores da VII edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos:
1º e 2º da ESO:
- Porqué á miña nai non lle gusta o chocolate branco? CPI San Vicente (A Baña). 3º e 4º da ESO:
- Amigos si, pero... a vaquiña polo que vale? CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños). Bacharelato e Ciclos Formativos:
- MACHISMO EN LA SOCIEDAD ¿Somos realmente las nuevas generaciones menos machistas? Colexio Alca (Ames).
Estes traballos representaron a Galicia na VII Fase Nacional dos concursos tipo Incubadora de Sondeos y Experimentos. 

3.- Resolución da VII Fase Nacional “Incubadora de Sondeos y Experimentos”
Os días 28, 29 e 30 de xuño de 2017 tivo lugar en Oviedo a VII Fase Nacional dos concursos tipo Incubadora de Sondeos y Experimentos, coa participación de 12 fases locais.
Os traballos que representaban a Galicia nas categorías de 1º-2º da ESO e 3º-4º da ESO resultaron gañadores na súa categoría.
A relación completa de traballos premiados nesta VII Fase Nacional da “Incubadora de Sondeos y Experimentos” pode consultarse na páxina web do concurso: 
http://bellman.ciencias.uniovi.es/incubadora/nacional/

4.- V Seminario de Inferencia Estatística en Áreas Pequenas
O V Seminario de Inferencia Estatística en Áreas Pequenas vaise celebrar o vindeiro venres, 7 de xullo, ás 10 h, na Aula de Graos Víctor Gulías da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Nel participarán Jiming Jiang (University of California), Thuan Nguyen (Oregon Health & Science University) e Esther López Vizcaíno (Instituto Galego de Estatística).
O seminario poderá seguirse por videoconferencia. 

5.- XV Concurso STUDENT de Estatística Aplicada
O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona convoca a XV edición do Concurso STUDENT de Estatística Aplicada.
Poderán optar ao concurso tódolos estudantes de grao ou de máster que estean matriculados neste curso académico 2016-17 en calquera universidade española. Os aspirantes deberán analizar un conxunto de datos, enmarcado nun problema real, e propoñer unha solución. O contido do traballo deberá ser inédito e de temática libre.
Outorgaranse tres premios:
- Premio Idescat ao mellor traballo de máster: dotación económica de 500 €.
- Premio SEA ao mellor traballo de grao: dotación económica de 500 €.
- Premio Almirall ao mellor traballo en bioestatística: dotación económica de 500 €.
Data límite para enviar os traballos: 10 de setembro de 2017.
Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/es/content/concurso-student-de-estad%C3%ADstica-aplicada 

6.- I Encontro Conxunto RSME-UMA
O Primeiro encontro conxunto da Real Sociedad Matemática Española (RSME) e a Unión Matemática Argentina (UMA) vaise celebrar en Buenos Aires, Argentina, do 11 ao 15 de decembro de 2017, e terá como sede o Departamento de Matemática da Facultade de Ciencias Exactas e Naturais da Universidad de Buenos Aires (UBA).
Haberá doce conferencias plenarias e once sesións especiais. O Encontro vaise desenvolver de forma simultánea e coordinada coa Reunión Anual da UMA, que comprende ademáis tres actividades tradicionais: o Encontro de Estudantes, a Reunión de Educación Matemática (REM) e o Festival de Matemáticas.
Datas importantes:
- Período de inscrición: do 1 de setembro ao 15 de decembro de 2017.
- Inscrición reducida: do 1 de setembro ao 17 de novembro de 2017.
Máis información: http://uma2017.dm.uba.ar/

7.- The 18th International Conference on Intelligent Data Engineering and Automated Learning (IDEAL'2017) 
The International Conference on Intelligent Data Engineering and Automated Learning (IDEAL) is an annual international conference dedicated to emerging and challenging topics in intelligent data analysis, data mining and their associated learning systems and paradigms. Its core themes include: the Big Data challenges, Machine Learning, Data Mining, Information Retrieval and Management, Bio- and Neuro-Informatics, Bio-Inspired Models (including Neural Networks, Evolutionary Computation and Swarm Intelligence), Agents and Hybrid Intelligent Systems, and Real-world Applications of Intelligent Techniques. Other related and emerging themes and topics are also welcome.
More info: http://ideal2017.guet.edu.cn/ideal/index.html

8.- Prazas de docente de Estatística
A Universidade de Santiago de Compostela covoca concurso para a provisión de 2 prazas de persoal docente para a Facultade de Ciencias da Educación en Santiago de Compostela:
- Departamento: Didácticas Aplicadas.
- Área: Didáctica da Matemática.
- Perfil: Ensino e aprendizaxe da medida, probabilidade e estatística (G3141325).
- Adicación: P3
Máis información: http://www.usc.es/gl/servizos/profesorado/prazasabertas/profesor.html?id=22224&valor=true 

9.- Prazas en Iberdrola para proxecto de Big Data Analytics
Iberdrola oferta dúas prazas para traballar nun proxecto de Big Data Analytics co seguinte perfil: Estudos de Matemáticas/Ciencias Exactas con experiencia no tratamento de datos e implementación de regras analíticas sobre bases de datos non estruturadas.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/1576-vacante-proyecto-big-data-analytics

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates