Novas da SGAPEIO, 24 de xullo 2017

1.- Número 46 de INFORMEST
A partir do vindeiro mércores 26 estará dispoñible na páxina web da SGAPEIO, apartado de PUBLICACIÓNS, o número 46 de INFORMEST. Este número ten o seguinte sumario:
- Editorial: Que me ofrece a SGAPEIO?
- Colaboración: A aplicación de técnicas estatísticas na administración pública galega.
- Entrevista: Alfredo Bermúdez de Castro e Julio González Díaz.
- Actividades da SGAPEIO: VII Edición do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos e Fase Nacional.
- Novas do IGE: Novidades na información estatística publicada.
- Traballos de Estatística e Investigación Operativa no SUG: Teses.
- Coñecendo a un socio da SGAPEIO: Raúl Jácome Rodríguez.
- Sabías que?: Cada vez vivimos máis, pero...vivimos mellor?
Máis información: http://www.sgapeio.es 

2.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
Como sabedes, o XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións celebrarase en Ferrol do 26 ao 28 de outubro de 2017, organizado polo departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña. Como en edicións anteriores, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e comunicacións, ademais de actividades de carácter cultural coas que procuramos facer máis atractiva a participación.
Datas importantes:
- Data límite para o envío de traballos: 25 de xullo.
- Data límite para a notificación de aceptación ou rexeitamento: 30 de xullo de 2017. Ampliada ao 1 de setembro.
- Data límite para a inscrición a prezo reducido: 15 de setembro de 2017.
Máis información: http://sgapeio2017.udc.es/

3.- Seminario na Facultade de Matemáticas
O Departamento de Estatística, Análise Matemático e Optimización de Santiago organiza o seguinte seminario que terá lugar o día 27 de xullo de 2017 no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas: 12:00 – 13:00. Seyed Morteza Amini (Department of Mathematics, Statistics and Computer Science - University of Tehran).
“Improving genomic prediction of riboflavin production using RNA expression analysis of Bacillus subtilis genome array with sparse partially linear additive noise model”. 

4.- Cursos da EASP no segundo semestre de 2017
A Escuela Andaluza de Salud Pública organiza os seguintes cursos para os próximos meses:
Curso de análise e visualización de datos sanitarios co programa estatístico R (II edición) Dirixido a profesionais sanitarios relacionados coa xestión e análise estatístico de bases de datos interesados en profundar nos seus coñecementos sobre manipulación de ficheiros e análise gráfico.
- Modalidade: presencial.
- Datas: 4-6 de outubro de 2017.
- Duración: 20 horas.
- Prazo de inscrición: ata o 6 de setembro de 2017. 

Aplicación das árbores e bosques aleatorios (random forest) á investigación básica e clínica Dirixido a profesionais interesados en coñecer unha das ferramentas máis empregadas na Ciencia de Datos.
- Modalidade: semipresencial.
- Datas: 28-29 de setembro e 9-10 de outubro de 2017.
- Duración: 30 horas.
- Prazo de inscrición: ata o 2 de setembro de 2017.
Máis información: http://www.easp.edu.es/programadocente/ 

5.- Bolsas de iniciación á investigación no grupo MODES
O grupo de investigación de Modelización, Optimización e Inferencia Estadística (MODES) da Universidade da Coruña (UDC) busca candidatos para bolsas de iniciación á investigación no grupo. Estas bolsas están dirixidas a estudantes que estean matriculados no MTE pola UDC durante o curso 2017-2018. Están orientadas a aqueles estudantes que vaian decantarse pola realización dunha futura tese doutoral.
Os bolseiros iniciarán a súa formación investigadora tanto en aspectos metodolóxicos no ámbito da estatística ou a investigación de operacións, como noutros avances computacionais, permitindo unha futura incorporación nalgún dos proxectos de investigación que o grupo MODES lidera, tanto nos financiados con fondos públicos como naqueles executados en colaboración con empresas.
As bolsas terán unha duración dun semestre comprendido no curso académico 2017/18, no que os seleccionados realizarán colaboracións puntuais en temas de transferencia e investigación desenvolvidos polo grupo e sempre titorizados por algún membro de MODES.
Presentación de solicitudes: ata o 8 de setembro de 2017.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/descargas/Anuncio_Becas_Modes_MTE_2017_18.pdf 

6.- Bolsas do IGAPE para proxectos de mellora 2017
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) convoca, en réxime de concorrencia competitiva, o programa de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora nas PEMES galegas, no ámbito do programa Reacciona.
O obxecto da convocatoria aberta é a concesión de 100 bolsas para a realización de prácticas formativas incardinadas en programas de mellora nas PEMES galegas, coa finalidade de formar a titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa.
A convocatoria está aberta a universitarios galegos que obtivesen a súa titulación en 2011 ou anos posteriores. O prazo para a presentación de solicitudes rematará o próximo 14 de setembro de 2017.
Máis información: http://www.igape.es/gl/ser-mais-competitivo/asesoramento/bolsas-re-acciona 

7.- Bolsas de colaboración en investigación no IMAT
Dentro do PLAN DE LANZAMENTO DA ÁREA DE MATEMÁTICAS, o Instituto de Matemáticas (IMAT), convoca 11 bolsas de colaboración para a iniciación á investigación dirixidas a estudantes matriculados na USC durante o curso 2017-2018 nalgunha das seguintes titulacións: 
- Máster en Matemática Industrial.
- Máster en Matemáticas.
- Máster en Técnicas Estatísticas.
Período de solicitude: do 14 ó 27 de xullo de 2017 
Máis Información: http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/institutos/matematicas/descargas/Bolsas-IMAT-master-convocatoria-galego_17-18-asinado.pdf 

8.- Praza de xestor de investigación no IMAT
Dentro do PLAN DE LANZAMENTO DA ÁREA DE MATEMÁTICAS, o Instituto de Matemáticas (IMAT) convoca unha praza de xestor de investigación dirixida a licenciados e graduados, para facer as seguintes tarefas: 
- Actividades de xestión do IMAT. 
- Participación en proxectos de investigación nacionais e internacionais.
- Actividades científicas e de divulgación.
- Busca de financiamento.
- Coordinación coas redes dos distintos grupos. 
Período de solicitude: do 14 ao 27 de xullo de 2017.
Máis información: http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/institutos/matematicas/descargas/Contrato-Xestor-asinado.pdf 

AVISO: A SGAPEIO suspende o envío das novas quincenais ata o mes de setembro. Que pasedes un bo verán!

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates