Novas da SGAPEIO, 5 de setembro 2017

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
Como sabedes, o XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións celebrarase en Ferrol do 26 ao 28 de outubro de 2017, organizado polo departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña.
Lembramos que o envío de traballos e a inscrición a prezo reducido están abertos ata o 15 de setembro de 2017.
Con motivo deste XIII Congreso SGAPEIO está programado un curso de “Actualización en Estatística para profesorado de Secundaria no entorno da LOMCE”, coordinado por Salvador Naya e Covadonga Rodríguez Moldes.
Máis información: http://sgapeio2017.udc.es/ 

2.- Wenceslao González Manteiga , novo membro do IMS
O Institute of Mathematical Statistics (IMS) nomeou como novo membro ao catedrático de Estatística e Investigación Operativa da USC Wenceslao González Manteiga, unha designación reservada a investigadores de recoñecido prestixio no ámbito da estatística e a probabilidade.
Este nomeamento recoñece as súas contribucións á teoría da inferencia non paramétrica, ao bootstrap e á análise de datos funcionais, así como o seu servicio á comunidade, especialmente en Galicia e España.
A cerimonia de presentación dos novos membros do IMS tivo lugar o pasado 31 de xullo de 2017 en Baltimore (EEUU), durante a celebración do Joint Statistics Meeting, que está considerado como un dos eventos máis importantes do mundo no ámbito da estatística.
Más información: http://bulletin.imstat.org/2017/05/2017-ims-fellows/ e na web da SGAPEIO, www.sgapeio.es

3.- Curso de Modelos de Investigación Operativa en Teoría de Xogos
Lembramos que o grupo de Teoría de Xogos da SEIO organiza un curso de Modelos de Investigación Operativa en Teoría de Xogos, que terá lugar os días 13 e 14 de outubro de 2017 en Pontevedra. 
Data de inscrición: Preferiblemente antes do 15 de setembro.
O curso ten como obxectivos dar a coñecer a Teoría de Xogos como ferramenta de utilidade en diversos ámbitos económicos e empresariais, contribuír a que se afiancen as relacións entre estudantes de doutoramento que realicen as súas teses en España en temas próximos á Teoría de Xogos, e favorecer o intercambio de ideas entre estudantes de doutoramento e investigadores que poida dar lugar a novas perspectivas de investigación.
Este curso está dirixido a estudantes de doutoramento para os que a Teoría de Xogos poida ser de utilidade nas súas liñas de investigación, tanto a nivel teórico como práctico. Isto inclúe alumnado de cursos de Economía, Administración de Empresas, Investigación Operativa, Matemáticas, Enxeñeira, Loxística, Ciencias Políticas e Dirección Pública, entre outras.
Máis información: http://docjuegos.webs.uvigo.es/ 

4.- IV Xornada de Usuarios de R en Galicia
A IV Xornada de Usuarios de R en Galicia terá lugar na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, o día 19 de outubro de 2017.
Organizada pola Oficina de Software Libre do CIXUG, e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia) incluirá relatorios e talleres co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.
A inscrición, de balde e de libre acceso, pode realizarse a través da seguinte páxina: https://www.r-users.gal/inscricion.
Para presentar algún relatorio sobre un tema relacionado con R, hai que enviar un resumo da idea ao seguinte formulario: https://goo.gl/forms/pIGcZLB4ToNQBjM33. O prazo para o envío de resumos está aberto ata o día 10 de setembro de 2017.
Máis información: https://www.r-users.gal/ 

5.- Stat Wars: El despertar de los datos
“Stat Wars: El despertar de los datos”, un proxecto de divulgación científica impulsado pola rede BIOSTATNET e financiado pola FECYT, xa está presente en redes sociais.
Este proxecto trata de achegar a Estatística aos estudantes de ESO e Bacharelato dunha forma orixinal e divertida, mostrándolles a súa utilidade para a resolución de problemáticas habituais de diversas disciplinas científicas e presentándolles unha profesión con moito futuro. 
Twitter: https://twitter.com/StatWars17 

6.- VIII European Statistical Forum
The eighth edition of the European Statistical Forum (13 November 2017, Barcelona) will be dedicated to the topic of “Statistical Methods for Rare Diseases and Special Populations”. Presentations will focus on:
- Innovative statistical methods for rare diseases and special populations.
- Clinical trials designs, endpoints as well as approaches to evidence synthesis and extrapolation.
- Regulatory views on statistical approaches.
- Practical examples and case studies.
Thereby, the conference will promote the exchange between experts coming from statistics, medicine, regulatory and academia interested in the field of rare diseases and special populations.
More info: https://esf-2017.eventify.it/about 

7.- 1st Spanish Young Statisticians and Operational Researchers Meeting
O primeiro Encontro Español de Novos Investigadores de Estatística e Investigación de Operacións (SYSORM: Spanish Young Statisticians and Operational Researchers Meeting) terá lugar en Granada os días 13, 14 e 15 de novembro de 2017.
O Encontro está organizado por e para novos investigadores (menos de 3 anos de experiencia postdoutoral) baixo o auspicio da Sociedad Española de Estadística e Investigación Operativa (SEIO).
O obxectivo do Encontro é representar e dar visibilidade ás novas xeracións de investigadores en Estatística e Investigación de Operacións, abarcando tanto aspectos metodolóxicos como aplicados, así como facilitar a comunicación profesional entre eles. 
Datas importantes:
- Envío de resumos: 7 de setembro de 2017
- Confirmación de aceptación/rexeitamento: 21 de setembro de 2017
Máis información: https://congresos.ugr.es/sysorm17/ 

8.- Curso de Análise e visualización de datos sanitarios con R
A Escuela Andaluza de Salud Pública organiza un curso presencial de análise e visualización de datos sanitarios co programa estatístico R. Este curso ten por obxectivo introducir aos asistentes nas bases fundamentais da xestión de bases de datos e na análise estatística, tanto numérica como gráfica. 
O curso está dirixido a profesionais sanitarios relacionados coa xestión e análise estatística de bases de datos, que estean interesados en profundar nos seus coñecementos sobre manipulación de ficheiros e análises gráficas. 
- Lugar: Granada
- Datas: 4-6 de outubro de 2017
- Horas: 20
Prazo de inscrición: ata o 6 de setembro de 2017.
Máis información: http://www.easp.edu.es/programadocente/ 

9.- XVI Certame Universitario “Arquímides”
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca o XVI Certame Universitario "Arquímides" 2017 de Introdución á Investigación Científica (BOE nº 188 do 8 de agosto de 2017). O obxecto desta convocatoria é fomentar o espírito investigador dos estudantes universitarios novos mediante a concesión de premios a traballos de investigación.
Os destinatarios son os universitarios matriculados en estudos de master, grao, enxeñería ou arquitectura durante o curso 2016-2017 en centros españois nos que se imparten titulacións oficiais. 
Presentación de solicitudes: ata o 11 de setembro de 2017.
Máis información:
https://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/en/catalogo/educacion/estudiantes/premios/universitarios/certamen-universitario-arquimedes.html#dg 

10.- Convocatoria de contratos para científicos en formación
Ford España e Apadrina la Ciencia lanzan a súa primeira convocatoria de axudas de investigación para científicos en formación. Os candidatos poden traballar en áreas de Ciencias, Saúde, Matemáticas, Enxeñería, Tecnoloxía, Medio Ambiente e Enerxías Sostibles.
Ford España, co apoio de Ford Motor Company Fund, e Apadrina la Ciencia defenden con esta convocatoria que o investimento en ciencia é investimento de futuro, fonte de coñecemento e riqueza para un país. Neste sentido, unen esforzos para financiar dous contratos de investigación, dun ano cada un, que permitirán a dous estudantes completar a súa educación finalizando a súa tese doutoral. Ademais, estes contratos facilitarán a inserción laboral dos beneficiarios e a súa permanencia en actividades de I+D+i en España.
As solicitudes poderán presentarse ata as 24:00 horas do día 15 de setembro de 2017, a través do email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Máis información: http://idealia.wixsite.com/apadrina-la-ciencia 

11.- Oferta de emprego no CESGA
A Fundación Pública Gallega Centro Tecnológico de Supercomputación de Galicia (Fundación CESGA) convoca un proceso selectivo para cubrir por sistema de concurso e mediante contrato temporal, un posto de técnico/a superior de proxecto para a realización dun proxecto específico de investigación.
Titulación requirida:
Nivel 2 (Grao) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo ou calquera outra equivalente de plans anteriores. A titulación debe ser nalgunha das seguintes áreas de coñecemento: Enxeñaría, Informática, Física ou Matemáticas.
Requisitos:
Coñecementos de técnicas de programación en python, análise de datos e intelixencia artificial.
Presentación de solicitudes: ata as 14:00 h. do 14 de setembro de 2017.
Máis información: https://www.cesga.es/es/ofertas_emprego/ofertas/oferta/idUsuarioOferta/0/id/200

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates