1.- Número especial de Informest 25 aniversario
A SGAPEIO acaba de publicar un número especial do boletín Informest en conmemoración do seu 25 aniversario. Na elaboración deste número especial participou o actual Consello Executivo da SGAPEIO, así como os anteriores presidentes e outros socios e socias que contribuíron a rememorar as principais actividades e logros da SGAPEIO ao longo destes 25 anos.
O número especial do 25 aniversario está xa dispoñible na páxina web da SGAPEIO, no apartado de PUBLICACIÓNS. Tamén se van distribuír exemplares impresos no XIII Congreso da SGAPEIO que se celebrará os días 26, 27 e 28 de outubro en Ferrol.
Este número ten o seguinte sumario:
- Editorial: XXV aniversario da SGAPEIO
- Colaboracións dos presidentes.
- Liña de vida.
- Asembleas Xerais da SGAPEIO.
- Imaxe corporativa.
- Os números da SGAPEIO.
- Consellos Executivos.
- Agradecementos
Máis información: http://www.sgapeio.es

2.- Novas da web
Como xa anunciamos, a SGAPEIO acaba de estrear nova imaxe corporativa, e nova web. En breve estará dispoñible o acceso á area privada da web, que permite acceder aos contidos de “A Sociedade - Actas e Informes” e “A Sociedade –Convenios”. Enviaremos unha mensaxe personalizada informando do usuario e contrasinal de cada socio.
O apartado de “Actas e Informes” acaba de actualizarse coas actas das reunións do Consello Executivo e da Asemblea Xeral que se celebraron durante o ano 2017.

3.- Modificación do convenio co IGE
Reunión da Comisión de Seguimento do Convenio SGAPEIO-Instituto Galego de Estatística(IGE).
Co obxectivo de puntualizar algúns aspectos do convenio firmado polo IGE e a SGAPEIO no ano 1993, o 27 de setembro de 2017 reuniuse a comisión de seguimento do citado convenio. Nesta reunión chegouse ao acordo de que a SGAPEIO permita que nos cursos, seminarios e congresos que a Sociedade organice, ofrecerá 3 prazas gratuítas para a asistencia do persoal do IGE. Como contrapartida, o IGE permitirá que calquera socio da SGAPEIO teña dereito a unha bonificación anual de 500 euros, en concepto de información estatística, cando solicite información ao IGE e acredite ser socio da SGAPEIO (coa cota ao corrente de pago).

4.- IV Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística
Lembramos que a SGAPEIO e AGAPEMA organizan a IV Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Esta xornada está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir nunha única edición en Santiago de Compostela.

Esta actividade, que conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, inclúe exposición de experiencias, obradoiros, e unha conferencia.
- Lugar: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela.
- Data: 25 de novembro de 2017.
- Horario: 10:00 - 14:00 e 16:00 - 20:00.
O programa da xornada está dispoñible na páxina web da SGAPEIO: http://www.sgapeio.es  

5.- European Statistics Day: 20 de outubro de 2017
O día 20 de outubro de 2017 celébrase o "European Statistics Day".
A SGAPEIO súmase a esta celebración coa sesión “European Statistics Day: A estatística pública en Galicia” dentro das actividades do XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións. Esta sesión terá lugar o xoves 26 de otubro, de 12:30 a 14:00, no Salón de Actos da Facultade de Humanidades e Documentación (Ferrol).
12:30. Coordenadas xeográficas de unidades estatísticas e a súa asignación: un caso típico. García Olano, J.R, Iglesias Patiño, C.L., López Vizcaíno, M.E.
12:45. Nuevas necesidades de previsión en los actuales marcos presupuestarios. Rodríguez Rey, M.
13:00. Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia. Torrado Solar, P., López Vizcaíno, M.E.
13:15. Estratexia de xeorreferenciación da poboación de Galicia empregando técnicas estatísticas. López Vizcaíno, M.E., Iglesias Patiño, C.L.
13:30. Un novo indicador de desempeño con base nunha vella idea. Iglesias Patiño, C.L.
13:45. Statistics in “perceptual dialectology”: from the beginning to the future. Calaza Díaz, L., Crujeiras, R.M., Suárez Quintas, S.

6.- Cursos do Servei d'Estadística Aplicada da UAB
O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza os seguintes cursos:
- Curso de introdución ao sistema SAS® (Enterprise Guide – SAS System)
Este curso pretende ser unha primeira aproximación ao uso do software SAS System dende o contorno Enterprise Guide e á programación no contorno SAS System. Realizarase os días 6,7, 8 e 9 de novembro de 2017, de 9:30 a 13:30.
Máis información: https://goo.gl/zTyzzF

- Curso de técnicas estatísticas con SAS®
O obxectivo deste curso é unha presentación e implementación das técnicas Estatísticas máis habituais usando o software SAS®. Realizarase os días 20, 21, 22 e 23 de novembro de 2017, de 9:30 a 13:30.
Máis información: https://goo.gl/wkGQwl

- Curso de programación con SAS®: Sintaxis avanzada
Este curso pretende ser unha presentación das ferramentas máis significativas de programación, xestión de datos e presentación de resultados co programa SAS®. Realizarase os días 12, 13, 14 e 15 de decembro de 2017, de 10:00 a 14:00.
Máis información: https://goo.gl/Jd3m1t

7.- Galiciencia 2017
Tecnópole, coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT)), organizan a feira científica Galiciencia 2017, que terá lugar durante os días 22, 23, e 24 de novembro de 2017, no Parque Tecnolóxico de Galicia. (San Cibrao das Viñas) Ourense. A temática de referencia deste ano é a Astronomía.
A estrela da feira é a exposición de proxectos de investigación e innovación presentada por equipos de estudantes de todas as idades, acompañados polos seus profesores/as. Arredor dela, celébranse tamén actividades paralelas, como obradoiros e espectáculos, relacionadas este ano 2017 coa Astronomía.
Máis información: http://www.galiciencia.com/

8.- Premio José Luis Rubio de Francia 2017
A Real Sociedade Matemática Española convoca o Premio “José Luis Rubio de Francia” (edición 2017) para novos investigadores/as en Matemáticas. O prazo de presentación das candidaturas estará aberto ata o 31 de decembro de 2017, e poden presentarse no enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Máis información: http://www.rsme.es/content/blogcategory/30/73/

9.- Bolsas de colaboración no IMAT
O Instituto de Matemáticas (IMAT) da USC, dentro do Programa de iniciación á investigación nas Ciencias Matemáticas e as súas aplicacións, convoca bolsas de colaboración en investigación 2017-18, na modalidade de grao e máster.
O obxecto das bolsas e iniciar ao estudantado do grao e máster en Matemáticas nas tarefas e metodoloxías de investigación en ciencias matemáticas a través da súa colaboración en actividades e proxectos de I+D asociados ás liñas de investigación dos investigadores da USC neste ámbito.
Requisitos: ser estudante matriculado na USC durante o curso 2017-2018 nalgunha das seguintes titulacións: Grao en Matemáticas, Máster en Matemática Industrial, Máster en Matemáticas e Máster en Técnicas Estatísticas.
Presentación de solicitudes: do 18 ao 27 de outubro de 2017.
Máis información:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/institutos/matematicas/descargas/Bolsas-IMAT-grao-master-convocatoria-17-18.pdf

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates