A Universidade de Vigo e a Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo organizan un curso virtual sobre "Estatística con R para médicos", dirixido a médicos e outros titulados universitarios en Ciencias da Saúde. O curso, que se realizará a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (Faitic), inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas básicas máis utilizadas, con datos médicos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos.

- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados)

- Período de preinscrición: do 20 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2013.

- Período de matrícula: do 20 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2013.

- Período de docencia: do 10 de febreiro ao 12 de marzo de 2013.

Está en trámite o recoñecemento, como actividade de formación permanente, da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Máis información: Curso

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates