A Real Academia Galega de Ciencias fai pública a convocatoria dos seus Premios de Investigación para o ano 2013, que teñen como obxectivo promover a investigación e o desenvolvemento nas áreas de coñecemento integradas na Academia, a través do recoñecemento académico e social do esforzo dos investigadores.

Convócanse dous premios:

-         Un de 6.000 euros, para un Traballo de Investigación realizado por investigadores sénior.

-         Un de 2.000 euros, para incentivar a Promoción de Novos Investigadores menores de 28 anos.

O traballos tratarán temas ou aspectos relacionados coas áreas temáticas seguintes: Matemáticas, Física, Física do Cosmos, Química, Xeoloxía, Bioloxía, Farmacia, Ciencias Sociais, Económicas e Ciencias Técnicas.

Prazo da convocatoria: ata o 8 de xullo de 2013.

Máis información: Premios RAGC

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates