Obxetivos:

- Orientación académica: obter unha formación avanzada en Estatística e Investigación Operativa, tanto no aspecto teórico como no aplicado.

- Orientación investigadora: capacitar ao estudante para a investigación no ámbito da Estatística e a Investigación Operativa. Dar os primeiros pasos na investigación, que se culminan na elaboración dunha tese de doutoramento.

- Orientación profesional: proporcionar formación sobre á aplicación dos métodos da Estatística e a Investigación Operativa que son valiosos na práctica profesional en múltiples sectores: biosanitario, finanzas, enxeñería, entre outros, así como nas actividades que requiren investigación, para as cales os métodos estatísticos son indispensables.

- O Máster está dirixido a graduados e profesionais interesados en obter formación avanzada en técnicas estatísticas. Ademais, da acceso a un programa de doutorado (tamén interuniversitario) na área de Estatística e Investigación Operativa e, por tanto, diríxese tamén a aquelas persoas interesadas en iniciar unha etapa pre-doutoral.

O título del Máster ofrece a posibilidade de emplearse como profesional da estatística en:

- Empresas do sector financeiro.

- Empresas do ámbito da  saúde.

- Administracións públicas.

- Empresas de investigación social.

- Laboratorios de investigación e desenvolvemento.

- En moitas outras actividades profesionais.

Contacto:

Hai un coordinador por cada universidade:

- Balbina Casas Méndez - Coordinador Xeral e da Universidade de Santiago de Compostela (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).

- Jacobo de Uña Álvarez - Coordinador da Universidade de Vigo (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).

- Germán Aneiros Pérez - Coordinador da Universidade da Coruña (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).

Sitio da web: Máster 

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates