O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona convoca a XI edición do Concurso STUDENT de Estatística Aplicada.

Poderán optar ao concurso tódolos estudantes de primeiro e segundo ciclo (diplomatura, licenciatura ou enxeñería), estudantes de grao ou de máster que estean matriculados este curso académico 2012-13 en calquera universidade do Estado Español. Os aspirantes deberán afrontar a análise dun conxunto de datos, enmarcado nun problema real, para o que terán que propoñer unha solución. O contido do traballo deberá ser inédito e de temática libre.

Outorgaranse tres premios:

- Premio Idescat ao mellor traballo de máster: dotación económica de 500 €.

- Premio SEA ao mellor traballo de grao: dotación económica de 500 €.

- Premio Almirall ao mellor traballo en bioestatística: dotación económica de 500 €.

Data límite para enviar os traballos: 10 de setembro de 2013.

Máis información: Concurso

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates