A Universidade de Vigo en colaboración coa Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo organizan un curso virtual sobre "Estatística con R para profesionais da saúde", dirixido a médicos e outros titulados do ámbito biosanitario (ou estudantes universitarios do último curso). O curso, que se realizará a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (Faitic), inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas básicas máis utilizadas, con datos médicos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos.

- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados)

- Período de preinscrición: do 20 de outubro ao 10  de novembro de 2013.

-  Período de docencia: do 15 de novembro ao 15 de decembro de 2013.

Está en trámite o recoñecemento, como actividade de formación continua, da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e do Sistema Nacional de Salud

 

Máis información do curso e a a preinscripción aquí
2017  SGAPEIO   globbers joomla templates