O mércores 2 de abril terá lugar na Facultade de Matemáticas a conferencia titulada "Regresión cuantil: unha posición condicionada", a cargo de Mercedes Conde Amboage, no marco do Seminario de Iniciación á Investigación.

-          Lugar: Aula 5 da Facultade de Matemáticas.

-          Data e hora: 2 de abril de 2014 ás 17:00 h.

Resumo:

Un modelo de regresión permítenos establecer a relación entre unha variable resposta e unha ou varias variables explicativas. Aínda que a regresión en media ou media condicional é a máis coñecida, unha medida da posición (cuantil) condicionada pode ser tanto ou máis interesante e gozar de mellores propiedades. A estratexia consiste en substituír os mínimos cadrados por outro criterio de penalización, que ademais resultará máis robusto fronte a observacións atípicas. Ao longo desta charla presentaremos o que se coñece como o problema da regresión cuantil así como as principais propiedades do estimador. Ademais, aplicaremos modelos de regresión cuantil a un conxunto de datos reais.

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates