O III Congreso de software libre para educación celebrarase en Santiago os días 1 e 2 de xullo de 2014. A actividade está orientada a facilitar a actualización do profesorado de Galicia, difundir os novos vieiros de software libre, impulsar o desenvolvemento da investigación en educación e en software libre, dar a ocasión de coñecer innovacións educativas e difundir distintas liñas para a aprendizaxe e ensinanza das distintas materias da educación.

- Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar.

- Horario: de 10 a 14 h e de 16 a 20 h.

- Horas de formación: 16 (solicitada homologación á Consellería de Educación).

- Envío de comunicación: ata o 1 de xuño de 2014.

Mais información: IGACIENCIA

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates