Ata o vindeiro 9 de xuño de 2014 está aberto o prazo de inscrición para participar na edición 2014 do programa ARGOS, unha iniciativa conxunta da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC e da incubadora de empresas UNINOVA, que contan coa colaboración das Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago e a de Administración e Dirección de Empresas de Lugo.

Tomando coma eixos o “traballo en equipo” e o “aprender facendo” ao longo do programa acompáñase aos participantes no proceso de definición dunha idea de negocio, e avalíase a súa capacidade de chegar a un proxecto empresarial convincente.

O programa está dirixido a alumnos/as dos últimos anos de licenciatura ou grao; alumnos/as de posgrao, máster ou doutoramento; egresados das ultimas promocións e colaboradores ou persoal integrado en grupos de investigación e estrutúrase en tres fases:

- Nunha primeira fase que se desenvolverá ao longo da primeira quincena de setembro, os inscritos poderán participar en varias sesións informativas e de adestramento para o traballo en equipo.

- Na segunda etapa do programa procederase á constitución dos equipos multidisciplinares con catro ou cinco integrantes.

- Finalmente na terceira etapa, os equipos baixo a titorización de persoal asignado polo programa ARGOS desenvolverán o seu plan de empresa que deberán presentar ante un xurado ao final da fase. Como apoio complementario nesta fase realizaranse outras accións formativas e diferentes visitas a empresas que contribuirán á mellor do plan de empresa.

Ao final do programa, os plans entregados, poderán optar a algunha das dúas categorías de premios establecidas e dotadas con 3.000€ cada unha e 6 meses de acceso gratuíto a espazos de incubación.

Para inscribirse hai que cumprimentar o formulario que figura, xunto coas bases do programa, na web: www.uninova.org e envíalo ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Máis información: ARGOS-2014

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates