A Universidade de Vigo, en colaboración coa Fundación Biomédica de Vigo, organiza a segunda edición do curso de formación “Estatística con R para Profesionais da Saúde”. O curso é totalmente non presencial para que os médicos e outros titulados do ámbito bio-sanitario (ou estudantes universitarios de últimos cursos, 2 créditos de libre elección) poidan seguilo en horario libre e dende calquera lugar de modo compatible coa súa actividade.

- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados).

- Período de matrícula: do 15 de setembro ao 10 de outubro de 2014.

- Período de docencia: do 15 de outubro ao 15 de novembro de 2014.

O curso inclúe algunhas das técnicas estatísticas avanzadas máis utilizadas na investigación médica, con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que sen dúbida eses coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Faitic, a plataforma de tele docencia da Universidade de Vigo.

Este curso está recoñecido con 5,3 créditos como actividade de formación continua -para todas as profesións sanitarias- pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Máis información: Curso

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates