Novas da SGAPEIO 11 de marzo 2015

1.- V Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da V Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 15 de abril de 2015.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.

2.- Bolsas da Axencia de Turismo de Galicia
A Axencia de Turismo de Galicia convoca nove bolsas de formación práctica en áreas dependentes da Axencia:
1. Sete (7) bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística.
2. Dúas (2) bolsas de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística:
Bolsa A: especialidade Estatística.
Bolsa B: especialidade Turismo.
Presentación de solicitudes: ata o 3 de abril de 2015.
Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150302/AnuncioG0256-200215-0001_gl.pdf

3.- Bolsas de investigación 2015
A Deputación da Coruña (Área de Servizos Provinciais. Sección de Educación, Cultura e Deportes) convoca 18 bolsas de investigación destinadas a titulados universitarios que pretendan facer un traballo de investigación no período 2015-2016, cunha duración mínima de nove meses, distribuídas nas seguintes áreas:
- Área de ciencias sociais e xurídicas: 3 bolsas
- Área de ciencias: 4 bolsas
- Área de ciencias da saúde: 4 bolsas
- Área de enxeñería e arquitectura: 2 bolsas
- Área de artes e humanidades: 5 bolsas
Os solicitantes deben acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña.
Presentación de solicitudes: dende o 10 de marzo ata o 10 de abril de 2015.
Máis información: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/03/03/2015_0000002250.pdf

4.- Axudas da Fundación BBVA a investigadores
A Fundación BBVA convoca axudas económicas individuais a investigadores, creadores e outros profesionais para o desenvolvemento persoal de proxectos do seu ámbito de especialización. A convocatoria está dirixida a investigadores, creadores e profesionais que, atopándose nun estadio intermedio da súa carreira ou actividade profesional, caracterízanse por unha alta e innovadora produción científica.
Entre as áreas preferentes da convocatoria están as Ciencias Básicas (Física, Química e Matemáticas).
Presentación de solicitudes: do 1 de marzo de 2015 ata o 20 de maio de 2015, ás 19:00 horas.
Máis información: http://www.fbbva.es/TLFU/dat/Bases_Ayudas_Investigadores_Creadores_Culturales_2015.pdf

5.- Bolsa para consultoría actuarial
A empresa Deloitte (Madrid) busca un licenciado/a ou estudante de último ano de Ciencias Actuariais e Financeiras, Matemáticas, Estatística ou Enxeñería (preferiblemente informática). Valorarase a formación de Posgrao (cursos especializados en datamining, ou similares); a capacidade analítica, de organización e planificación, e de traballar en equipo; e un nivel alto de inglés.
Máis información: https://www.linkedin.com/jobs2/view/29095945?trk=eml-jymbii-organic-job-title&refId=ce954394-73df-426c-9625-529d986c029a&midToken=AQGttXSoMeNF9g

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates