Novas da SGAPEIO 15 de maio 2015

1.- Xornada sobre Big Data e Estatística
Lembramos que está aberto a prazo de inscrición na Xornada sobre Big Data e Estatística que organizan a SGAPEIO, o grupo de investigación MODES da Universidade da Coruña (UDC) e a Rede de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC. Esta xornada terá lugar o día 19 de xuño de 2015 na Facultade de Informática da UDC. Data límite de inscrición: 7 de xuño de 2015.
Máis información: http://bigdata.sgapeio.es/

2.- V Incubadora de Sondaxes e Experimentos
O pasado 8 de maio rematou o prazo para enviar os traballos á V Incubadora de Sondaxes e Experimentos. Recibíronse un total de 37 proxectos, coa seguinte distribución por categoría: 6 de 1º-2º de ESO, 25 de 3º-4º de ESO e 6 de Bacharelato e Ciclos Formativos.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.

3.- ENBIS Spring Meeting 2015
O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da UPC (Universitat Politècnica de Catalunya) organiza conxuntamente con ENBIS (European Network for Business and Industrial Statistics) o ENBIS Spring Meeting 2015. Este evento vaise celebrar os días 4 e 5 de xuño de 2015 na Escuela de Ingeniería Industrial de Barcelona e estará centrada en "Predictive Analytics with Big and Complex Data". O formato é participativo e de discusión: 5 ponencias largas de destacados expertos internacionais con tempo para discusión e interacción.
Máis información: http://www.enbis.org/activities/events/current/379_2015_ENBIS_Spring_Meeting

4.- Bolsas de introdución á investigación
A Agencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas convoca 100 bolsas de introdución á investigación para alumnos licenciados ou graduados que estean matriculados nun Máster Universitario oficial no curso académico 2014-2015 ou que teñan realizado a inscrición ou pre-inscrición nun Máster Universitario oficial para o curso 2015-2016.
As bolsas concédense en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de transparencia, obxectividade e publicidade. O plan de traballo derivado da concesión destas bolsas desenvolverase nos institutos e centros, propios ou mixtos, do CSIC, baixo a dirección dos seus investigadores.
Presentación de solicitudes: ata o 25 de maio de 2015.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2015/05/05/pdfs/BOE-A-2015-4995.pdf

5.- Convocatoria de axudas IEMath-GR
O Instituto de Matemáticas de Granada publica unha convocatoria de axudas, financiadas mediante fondos propios da Universidade de Granada, para estadías no Instituto de investigadores novos pre e post doutorais durante o ano 2015.
Máis información: http://www.biometricsociety.net/2015/05/08/convocatoria-de-ayudas-iemath-gr/

6.- Oferta de emprego
Convocatoria pública de contratación de persoal na Universidade de Santiago de Compostela mediante contrato de obra ou servizo:
- Título: Consolidación e estruturación (GRC) GI-1636. Grupo de Sistemas Intelixentes.
- Centro de traballo : CITIUS.
- Investigador principal: Senén Barro Ameneiro.
- Traballo a realizar: Desenvolvemento de interface gráfica de usuario para a análise cuantitativa de imaxes microscópicas en biomedicina en C++ usando GTK.
- Requisitos: Licenciado/a - Grao en Enxeñaría Informática Licenciado/a - Grao en Física Licenciado/a - Grao en Matemáticas Licenciado/a - Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación Licenciado/a - Grao en Enxeñaría Superior en Informática Licenciado/a - Grao en Enxeñaría Superior en Telecomunicacións. Presentación de solicitudes: ata o 21 de maio de 2015.
Máis información: http://imaisd.usc.es/guiaconvocatorias.asp?i=gl&s=-2-26-128-129&id=2756&t=9&st=0

7.- Praza de profesor visitante
O Departamento de Estatística da Universidad Carlos III de Madrid ofrece unha praza de profesor visitante a tempo completo para impartir docencia en castelán e inglés, comezando o 1 de Setembro de 2015. Os candidatos deben estar en posesión do título de Doutor, e demostrar experiencia en investigación nun dos campos seguintes:
- Estatística,
- Econometría,
- Investigación Operativa.
Presentación de solicitudes: ata o 31 de maio de 2015.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/983-2015-05-12-17-00-05

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates