Novas da SGAPEIO 28 de maio 2015

1.- Xornada sobre Big Data e Estatística
Lembramos que está aberto a prazo de inscrición na Xornada sobre Big Data e Estatística que organizan a SGAPEIO, o grupo de investigación MODES da Universidade da Coruña (UDC) e a Rede de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC. Esta xornada terá lugar o día 19 de xuño de 2015 na Facultade de Informática da UDC.
Data límite de inscrición: 7 de xuño de 2015.
Máis información: http://bigdata.sgapeio.es/

2.- Seminarios na Universidade de Vigo
O grupo de investigación SiDOR organiza os seguintes seminarios que terán lugar no mes de xuño:
Seminario 1:
- Data e hora: 5 de xuño de 2015, de 10:00 a 13:00 hrs.
- Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.
- Título: Advanced in biostatistical models and methods.
- Poñentes: Mar Rodríguez Girondo (Leiden University Medical Center), María Xosé Rodríguez Álvarez (Universidade de Vigo), Pablo Martínez Camblor (Universidad de Oviedo) e Javier Roca Pardiñas (Universidade de Vigo).
Seminario 2:
- Data e hora: 9 de xuño de 2015 ás 12:30 hrs.
- Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.
- Título: Generalized exponential tilting.
- Poñente: Profesor Paul Eilers. Erasmus University Medical Center (Rotterdam).
Seminario 3:
- Data e hora: 18 de xuño de 2015 ás 12:30 hrs.
- Lugar: Aula seminario 105 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Por videoconferencia.
- Título: Nuevas medidas para valorar Biomarcadores.
- Poñente: María del Carmen Pardo. Universidad Complutense de Madrid.
Máis información: http://sidor.webs.uvigo.es/index.php?option=com_content&view=article&id=2&Itemid=3

3.- VIII Escola JAE de Matemáticas 2015
O Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT) organiza a Escola JAE de Matemáticas, de iniciación a la investigación, que terá lugar do 29 de xuño ao 17 de xullo de 2015 no ICMAT. O programa está destinado a estudantes con bolsas JAE-Intro do CSIC e, en xeral a calquera estudante de grao ou máster con especial interese na investigación.
As solicitudes deben presentarse antes do 24 de xuño de 2015 enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e incluíndo un breve CV.
Máis información: http://www.icmat.es/events/JAESchool/programme2015

4.- 8ª Reunión española de usuarios de Stata
A 8ª Reunión española de usuarios de Stata terá lugar no Instituto de Empresa en Madrid o xoves 22 de outubro de 2015. O obxectivo da reunión é facilitar aos usuarios de Stata a oportunidade de intercambiar ideas, experiencias e información en novas aplicacións do programa. Todas aquelas persoas con interese no uso de Stata son benvidas.
Os invitados de Stata Corp que asistirán á reunión son:
- D. Enrique Pinzón, Senior Econometrician en Stata Corp.
- D. Gustavo Sánchez, Senior Statistician e Director de Technical Services en Stata Corp.
Presentación de ponencias: ata o 10 de xullo de 2015.
Máis información: http://www.stata.com/meeting/spain15/

5.- III edición de INNOVACIENCIA
Está aberta a convocatoria da terceira edición do certame INNOVACIENCIA, o concurso de proxectos científicos para menores de 30 anos organizado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).
O certame premia ideas e proxectos orixinais, referidos a calquera área científico-técnica. Acéptanse perspectivas variadas (proxecto científico e innovador, deseño de novos procesos e produtos, etc.) e cada candidatura pode presentarse individualmente ou en grupo.
O concurso está dotado cos seguintes premios:
- Primeiro premio: 2.500 € + iPad.
- Segundo premio: 2.000 € + iPad.
Presentación de traballos: ata o 2 de setembro de 2015.
Máis información: www.innovaciencia.es

6.- Oferta de emprego no BBVA
O BBVA busca especialista en escenarios de risco coas seguintes aptitudes e coñecementos:
- Licenciatura en Economía, CC Empresariais, Enxeñería ou Matemáticas.
- Inglés fluído.
- 3-4 anos de experiencia profesional.
- Coñecementos do negocio bancario, contabilidade bancaria e normativa.
- Coñecementos de Economía e Estatística aplicada.
- Coñecementos de Office e manexo de BBDD (valorado manexo de SAS).
Máis información: https://es.linkedin.com/jobs2/view/49821590?trk=jserp_job_details_text 

7.- Oferta prácticas profesionais en Allianz Seguros
Allianz Seguros busca estudantes de Ciencias Actuariais, Estatística ou Matemáticas para incorporarse ao seu programa de prácticas profesionais colaborando coa Oficina de Cálculo Actuarial de Allianz Seguros. Requisitos:
- Estudante de último curso de Matemáticas, Estatística ou Máster en Ciencias Actuariais.
- Imprescindible nivel alto de inglés.
- Dispoñibilidade en horario de maña.
- Incorporación inmediata e durante 6 meses
Máis información: https://goo.gl/7k6ZQf

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates