Novas da SGAPEIO 10 xuño 2015

1.- Resolución do IV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
O xurado do V Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, reunido o día 4 de xuño de 2015 en Santiago de Compostela, resolveu os premios concedidos en cada unha das categorías. A lista de traballos premiados, así como a composición do xurado, pode consultarse na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es).
O acto de entrega de premios da V edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos terá lugar o luns 15 de xuño de 2015, ás 12:00 horas, na Facultade de Matemáticas. Contamos coa vosa asistencia.

2.- V Fase Nacional “Incubadora de Sondeos y Experimentos”
Os días 2 e 3 de xullo de 2015 terá lugar en Madrid a V Fase Nacional dos concursos tipo Incubadora de Sondeos y Experimentos, coa participación de once fases locais. Os traballos que representarán a Galicia nesta Fase Nacional son:
Categoría de ESO:
- Título: Reproducción de las tablas de crecimiento infantil que uilizan los pediatras con los datos de los niños del colegio Salesianos de A Coruña.
- Centro: Colegio Salesianos San Juan Bosco, A Coruña.
- Titora: Ana Domínguez López.
- Alumnos: Paula Suárez Macías, Ana Victoria Vázquez Rodríguez, María Villalba Vázquez e Sofía Yáñez Perteagudo.
Categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos:
- Título: Rendemento escolar e condutas de risco: unha investigación en estudantes de Secundaria.
- Centro: IES de Mugardos.
- Titora: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey.
- Alumnos: Marcelo Couce Barbeito, Alba Meizoso Paradela, Martin Pérez Sarmiento e Sergio Vila Plana.

3.- Conferencia de Daniel Peña no IGE
O vindeiro xoves 18 de xuño, Daniel Peña Sánchez de Rivera, catedrático da Universidad Carlos III de Madrid, impartirá unha conferencia no Instituto Galego de Estatística:
- Conferencia “Redución da dimensión mediante compoñentes principais dinámicos e modelos factoriais para series temporais”.
- Data: 18 de xuño de 2015.
- Hora: 13:30 – 14:45 h.
- Lugar: salón de actos da Consellería de Sanidade
- Destinatarios: persoal do IGE e outras administracións públicas, alumnos e profesores universitarios, e profesionais que traballen con series temporais.
A inscrición: é gratuíta pero é preciso mandar unha mensaxe a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co nome, apelidos e DNI.
Resumo da conferencia
Farase unha revisión dos métodos de redución da dimensión en series temporais, analizando o uso de compoñentes principais, tanto estáticos como dinámicos, e os modelos factoriais. Presentarase o enfoque de Brillinger para compoñentes dinámicos e unha proposta recente de Peña e Yohai (2015) que pode aplicarse en condicións moito máis xerais, para grandes bases de datos e que proporciona mellores resultados. Estudarase a relación entre os modelos de compoñentes principais e os modelos factoriais. A presentación ilustrarase con datos económicos, do medio e demográficos.

4.- 7º Encontro de Bioestatísticos na Complutense
O día 17 de xuño de 2015 terá lugar na Facultade de Estudos Estatísticos da Universidad Complutense de Madrid, o 7º Encontro de Bioestadísticos na Complutense, titulado “Deseño de Ensaios Clínicos: Variables Combinadas e Valores Faltantes”. As ponentes invitadas son: Lupe Gómez, da Universitat Politècnica de Catalunya, e Rosa Lamarca de Almirall, S.A.
Esta iniciativa xorde da necesidade expresada por moitos bioestadísticos, para profundar en técnicas estatísticas máis avanzadas aplicadas no ámbito das ciencias da saúde, así como fomentar a relación entre os diferentes grupos de investigadores e profesionais.
Nesta edición o obxectivo do encontro é presentar dous dos aspectos máis importantes no deseño e análise dun ensaio clínico: A elección da variable primaria e o impacto dos valores faltantes.
O encontro está especialmente dirixido a estatísticos que actualmente desempeñan o seu labor profesional nas distintas CROs, en Hospitais, na industria farmacéutica, así como aqueles investigadores e docentes centrados no ámbito da bioestadística.
Más información: http://estudiosestadisticos.ucm.es/ebc

5.- Oferta de emprego
SM busca un editor e/ou profesor especialista en Matemáticas para incorporarse ao equipo editorial da disciplina e colaborar activamente na elaboración de material didáctico para Educación Secundaria.
Requisitos:
- Licenciatura en Matemáticas.
- Experiencia superior a tres años editando/impartindo Matemáticas en Secundaria e Bacharelato.
Máis información: https://goo.gl/Z0sw7O

6.- Oferta dun contrato predoutoral para a formación de doutores
O Ministerio de Economía y Competitividad (MINECO) asignou un contrato predoutoral para a formación de doutores ao proxecto de investigación: “Inferencia estatística complexa e de alta dimensión: en genómica, neurociencia, oncoloxía, materiais complexos, malherboloxía, medio ambiente, enerxía e aplicacións industriais (MTM2014-52876-R)”.
O obxectivo deste contrato é a realización da Tese Doutoral asociada ao proxecto de investigación antes citado. Máis concretamente preténdese que quen obteña este contrato poida realizar a súa Tese Doutoral no ámbito da inferencia estatística non paramétrica e semiparamétrica con datos complexos e/ou de alta dimensión. Entre os posibles campos nos que se enmarcaría a tese está a análise de datos funcionais, a análise de supervivencia, as series temporais, a mostraxe en poboacións finitas, a estatística espacial, así como aplicacións destes campos en xenómica, neurociencia, oncoloxía, ciencia dos materiais, malherboloxía, medio ambiente, enerxía e na industria. Dita tese realizarase dentro do grupo de investigación de Modelización, Optimización e Inferencia Estatística (MODES) da Universidade da Coruña.
Máis información: http://www.seio.es/Becas-y-Ofertas-de-empleo/Contrato-predoctoral-para-la-formaci-n-de-doctores.html

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates