Novas da SGAPEIO 1 de xullo 2015

1.- Curso de postgrao en técnicas de investigación social
Está aberta a convocatoria 2015-16 do curso de posgrado de formación de especialistas en investigación social aplicada e análise de datos organizado polo Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS). Este curso de postgrao ten como finalidade contribuír á formación de titulados universitarios superiores nas técnicas de investigación social, dando especial relevancia á recollida de datos e á análise, interpretación e presentación dos mesmos, todo cunha orientación esencialmente práctica.
O curso é de carácter presencial e está estruturado en dous módulos cos seguintes contidos:
- Módulo 1: a recollida de datos e a investigación mediante enquisas.
- Módulo 2: análise e interpretación de datos de enquisas.
Os ensinos de cada módulo inclúen clases teóricas e prácticas. A realización de exercicios prácticos está titorizada por técnicos do CIS.
Inscrición: ata o 4 de setembro de 2015.
Máis información: http://www.cis.es/cis/opencms/ES/6_formacion/CursoPosgrado/index.html

2.- Bolsas da Fundación SEPI 2015
A Fundación SEPI, de conformidade cos termos do convenio de colaboración de data 20 de maio de 2015 subscrito coa RED ELÉCTRICA DE ESPAÑA, S.A.U., convoca 54 bolsas correspondentes ao Programa RED ELÉCTRICA DE ESPAÑA Practica+ 2015. Entre as titulacións ás que están dirixidas as bolsas inclúese a licenciatura en Matemáticas.
Os bolseiros do Programa terán dereito a realizar un período de formación práctica nalgún dos centros de REE e a percibir unha dotación durante o período formativo.
Presentación de solicitudes: ata o 31 de xullo de 2015.
Máis información: http://www.fundacionsepi.es/becas/reep-fsepi.asp

3.- Oferta de contrato predoutoral
Categoría: Contrato Predoutoral (Licenciado/a, Graduado/a)
- Duración: 01/09/2015 – 31/12/2015 (prorrogable ata 30/09/2017).
- Proxecto: Modelos Xerárquicos Bayesianos no Medio Ambiente, Oncoloxía e Saúde.
- Entidade: Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha, Fondos FEDER.
- Investigador Principal: Virgilio Gómez Rubio.
Requisitos:
- Licenciatura/Grao en Matemáticas e/ou CC.TT. Estatísticas; Máster en Matemáticas e/ou Estatística; ou estudos semellantes.
- Coñecementos de Estatística e Probabilidade, Inferencia Bayesiana.
- Valorarase positivamente o coñecemento de Modelos Espaciais e Espacio-Temporais, Estatística Espacial, Métodos Computacionais en Estatística.
- Linguaxe de Programación R.
- Nivel de inglés B2 ou superior.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/1014-2015-06-15-21-57-51

4.- Oferta de contratos en Ikerbasque
Ikerbasque, a Fundación Vasca para a Ciencia, ofrece 10 contratos permanentes de profesores de investigación nalgunha das institucións vascas de investigación (Universidades, BERC - Basque Excellence Research Centres, CIC – Cooperative Research Centres, Institucións Biomédicas e Corporacións Tecnolóxicas, entre outras).
Máis información: http://www.ikerbasque.net/your_cv/insert_your_cv/research_professors_2015_3.html

5.- Contrato para analista estatístico
AIS (Aplicaciones de Inteligencia Artificial, S.A), consultaría especializada en risco de crédito no contorno bancario, ofrece un posto de analista estatístico para participar en proxectos da empresa utilizando econometría, estatística financeira e/ou modelos macroeconómicos.
Requisitos:
- Titulación superior en económicas (cuantitativa), ou ben en estatística ou matemáticas, con coñecementos en finanzas.
- Experiencia en programación en R , SAS, C, C++ y SPSS
- Dispoñibilidade para viaxar.
- Bo nivel de Inglés.
Valoraranse:
- Máster ou postgrao en estatística ou finanzas.
- Coñecementos avanzados de banca, risco de crédito e de estatística.
- Experiencia laboral en posto similar.
Máis información: https://goo.gl/QKgOEt

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates