Novas da SGAPEIO 16 de xullo 2015

1.- Número 40 de INFORMEST
Está dispoñible na páxina web da SGAPEIO, apartado de PUBLICACIÓNS, o número 40 de INFORMEST. Este número ten o seguinte sumario:
- Colaboración: Presenza da Estatística na LOMCE.
- Entrevista: Rosa E. Fernández González.
- Actividades da SGAPEIO:
- Xornada sobre Big Data e Estatística.
- V edición do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos.
- Novas do IGE: Últimas novidades en publicacións e documentos do IGE.
- Traballos de Estatística no SUG: Teses e traballos fin de Grao e Máster.
- Coñecendo a un socio de SGAPEIO: Jorge López Muñiz.
- Sabías qué?: Robots, probabilidade e coches que conducen sós.
Máis información: http://www.sgapeio.es/index.php?option=com_content&view=article&id=77&Itemid=93

2.- XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
Ampliáronse ata o 30 de xullo as seguintes datas límite do XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións:
- Data para inscrición nos dous cursos previos ao congreso:
- Curso de EPIDAT, software galego para a análise de datos.
- Curso de Control estatístico de calidade con R.
- Data para inscribirse a prezo súper reducido. Despois a cota será reducida do 31 de xullo ao 15 de setembro, e normal a partir do 16 de setembro.
- Data para o envío de comunicacións.
Máis información: http://xiicongreso.sgapeio.es

3.- Documento sobre a Estatística na LOMCE
Está dispoñible na páxina web da SGAPEIO, no apartado de A SOCIEDADE - Actas e informes, un documento elaborado pola SGAPEIO a instancias de AGAPEMA no que se fai unha proposta sobre os contidos de Estatística no currículo de Bacharelato. Este documento foi presentado por AGAPEMA na reunión celebrada en novembro de 2014 no Centro de Investigación Matemática de Castro Urdiales co obxectivo de reflexionar sobre o ensino da Estatística en Secundaria.
Máis información: www.sgapeio.es

4.- V concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Están dispoñibles na páxina web da SGAPEIO os traballos gañadores da V edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, así como os vídeos das presentacións realizadas polos grupos gañadores no acto de entrega de premios.
Tamén se pode escoitar a intervención dos alumnos gañadores no programa de radio EFERVESCIENCIA.
Máis información: http://goo.gl/qfIP6w

5.- Resolución da V Fase Nacional “Incubadora de Sondeos y Experimentos”
Os días 2 e 3 de xullo de 2015 tivo lugar en Madrid a V Fase Nacional dos concursos tipo Incubadora de Sondeos y Experimentos, coa participación de once fases locais. O traballo que representaba a Galicia na categoría de 3º e 4º da ESO obtivo unha Mención Especial neste concurso:
- Título: Reproducción de las tablas de crecimiento infantil que uilizan los pediatras con los datos de los niños del colegio Salesianos de A Coruña.
- Centro: Colegio Salesianos San Juan Bosco de A Coruña.
- Titora: Ana Domínguez López.
- Alumnos: Paula Suárez Macías, Ana Victoria Vázquez Rodríguez, María Villalba Vázquez e Sofía Yáñez Perteagudo.

A relación completa de traballos premiados nesta V Fase Nacional da “Incubadora de Sondeos y Experimentos” publicarase na páxina web da SEIO.

6.- Curso de Metaanálise aplicado á avaliación de tecnoloxías sanitarias
A Escuela Andaluza de Salud Pública (EASP) organiza una nova edición do curso Metaanálise aplicado á avaliación das tecnoloxías sanitarias, que terá lugar os días 21, 22, e 23 de outubro de 2015. O prazo de inscrición finaliza o 20 de xullo de 2015.
O curso está dirixido a profesionais sanitarios e non sanitarios, investigadores en saúde, persoal técnico de avaliación de tecnoloxías sanitarias, estatísticos, e economistas da saúde.
Programa:
- O problema de decisión: a pregunta de investigación.
- Síntese da evidencia: a revisión sistemática.
- As medidas de resultados dos estudos clínicos: medidas de risco e asociación.
- Introdución á metaanálise e utilidade para a avaliación de tecnoloxías.
Máis información: http://www.easp.es/cursos/?idCurso=200P01NA15

7.- Curso de especialización en epidemioloxía e investigación clínica
A Escuela Andaluza de Salud Pública (EASP) organiza un curso de especialización en epidemioloxía e investigación clínica dirixido a profesionais da saúde implicados en actividades de investigación, especialmente aos integrados nas Unidades de Xestión Clínica ou en estruturas estables de investigación cooperativa (CIBER e RETIC), interesados en fomentar o desenvolvemento da investigación no seu ámbito de traballo.
O curso é semipresencial e desenvolverase entre o 16 de setembro de 2015 e o 24 de xuño de 2016 (30 ETCs). O prazo de inscrición remata o 20 de xullo de 2015.
Contidos:
- Investigación biomédica. Xestión da investigación ; 55 h (2,2 ECTS).
- Metodoloxía de investigación cuantitativa e cualitativa; 55 h (2,2 ECTS).
- Epidemioloxía; 55 h (2,2 ECTS).
- Deseños epidemiolóxicos; 55 h (2,2 ECTS).
- Estatística descritiva e inferencial; 55 h (2,2 ECTS).
- Modelos de regresión multivariante; 55 h (2,2 ECTS)
- Ética na investigación biomédica; 55 h (2,2 ECTS).
- Economía da Saúde ; 55 h (2,2 ECTS).
- Medicina baseada na evidencia; 55 h (2,2 ECTS).
- Elaboración de artigos científicos ; 55 h (2,2 ECTS).
- Elaboración de proxectos de investigación; 55 h (2,2 ECTS).
Máis información: http://www.easp.edu.es/programadocente/

8.- Oferta de emprego no ITMATI
O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial oferta un contrato de investigador/a en prácticas na UNIDADE MIXTA DE INVESTIGACIÓN (UMI) REPSOL-ITMATI”.
Perfil do candidato: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as, /Másteres relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñería e a Informática.
Presentación de solicitudes: ata o 21 de xullo de 2015, ás 14:00 horas.
Máis información: http://www.itmati.com/oferta-de-empleo-contrato-en-pr%C3%A1cticas

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates