Novas da SGAPEIO 10 de setembro 2015

1.- Referendo para modificación dos estatutos
Lembramos que aínda está aberto a prazo para votar o referendo de modificación dos estatutos da SGAPEIO. O período de votación remata o 16 de setembro de 2015.
Se aínda non votaches, podes facelo enviando unha mensaxe a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando o teu voto (A FAVOR/EN CONTRA/ABSTENCIÓN), o teu nome e apelidos e o teu DNI.

2.- XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
Está aberto ata o 15 de setembro de 2015 o prazo para enviar comunicacións ao XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Máis información: http://xiicongreso.sgapeio.es

3.- II Xornada de Usuarios de R en Galicia
O día 1 de outubro o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) de Santiago de Compostela acollerá a II Xornada de Usuarios de R en Galicia. Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA), e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia) incluirá relatorios e obradoiros co fin de promover o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións. Este encontro pretende servir de punto de unión para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións co resto da comunidade.
Dende a organización do evento convidan a compartir ideas sobre esta xornada, presentar unha charla sobre algún tema de interese ou organizar un obradoiro, para iso é preciso contactar con eles a través do formulario de contacto. A inscrición é de balde, e de libre acceso.
O evento dará comezo ás 9.30 horas coa chegada de asistentes e recollida de material para seguir ás 10.00 horas coa sesión de apertura a cargo de Rafael Rodríguez, presidente de MeLiSA, Miguel Ánel Rodríguez, membro do comité organizador (MeLiSA) e Alfonso Blasco, director do CNTG. Logo intervirán (novamente) Rafael Rodríguez (Atréteve con R), Salvador Naya e Javier Tarrío (Aplicacións de R fiabilidade), Marcos Fernández (Uso de R na administración: procesamento de expedientes e automatización de tarefas) ou Isabel Martínez (PREBED, software de avaliación odontolóxica).
Máis información: https://www.r-users.gal/

4.- Curso de Estatística con R para investigadores (V edición)
A Universidade de Vigo organiza a V edición do curso virtual "Estatística con R para investigadores". Este curso inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas de análise multivariante máis empregadas na investigación, con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios da Estatística non expertos.
O curso é fundamentalmente práctico e impartirase a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Faitic. O criterio de admisión é a orde cronolóxica de solicitude.
- Importe da matrícula: 125 € (90 € estudantes, parados, e membros da SGAPEIO).
- Período de matrícula: do 1 ao 25 de setembro de 2015.
- Período de docencia: do 1 ao 31 de outubro de 2015.
Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/2530

5.- Curso de Técnicas estatísticas de Data Mining con R
Anunciamos a celebración do curso de “Técnicas Estatísticas de Data Mining con R” que se impartirá no Instituto IMDEA Alimentación en Madrid os días 14, 15, 16 e 17 de decembro de 2015.
Este curso reúne as técnicas preditivas máis importantes e de uso máis frecuente: Regresión Lineal e Loxística, Métodos Penalizados (LASSO, Ridge), Mínimos Cadrados Parciais (PLS), métodos baseados en Árbores (CART), Support Vector Machines (SVM), Redes Neuronais, Random Forest, Bagging, Boosting.
O curso inclúe os aspectos máis importantes para a construción de modelos preditivos: pre procesamento e descrición básica dos datos, optimización dos parámetros involucrados en cada unha das técnicas, avaliación da capacidade preditiva dos modelos mediante técnicas de remostraxe (validación cruzada e bootstrapping), selección de variables que van a formar parte do modelo, comportamento de cada técnica en problemas de alta dimensión, etc.
Este curso forma parte, como Módulo 7, do programa de formación continua en “Estatística Aplicada con R” que se vai impartir en Madrid en 2015 de forma presencial organizado conxuntamente pola Unidade de Bioestatística do Instituto IMDEA Alimentación e a Facultade de Ciencias da Universidad Autónoma de Madrid (UAM).
Máis información: http://www.alimentacion.imdea.org/unidad-de-formacion

6.- Intensive Research Programme on Statistical advances for complex data
El Centro de Investigación Matemática (Centre de Recerca Matemàtica-CRM) organiza un programa de investigación (Intensive Research Programme on Statistical advances for complex data) para os meses de setembro, outubro e novembro que inclúe tres tipos de actividades:
Cursos avanzados:
- Introduction to Python. Impartido por Jaume Baixerias, Universitat Politècnica de Catalunya. Do 8 ao 10 de setembro de 2015
- Data mining and social network analysis. impartido por Bruno Gonçalves, Centre Physique Théorique. Do 16 ao 18 de setembro de 2015.
- Competing risks: Concepts, methods and software. impartido por Ronald Geskus, Academic Medical Center. Do 14 ao 16 de outubro de 2015.
- Flexible Regression and Smoothing. The GAMLSS packages in R. impartido por Mikis Statinopoulos, London Metropolitan University. Do 16 ao 18 de novembro de 2015.
Workshops:
- DoReMi LD-RadStats. Do 26 ao 28 de outubro de 2015.
- Biostatnet workshop on biomedical (big) data. Do 26 ao 27 de novembro de 2015. Weekly Seminar:
- Current Issues in Clinical Trials: A Biostatistician's perspective, a cargo de Urania Dafni, National and Kapodistrian University of Athens. Xoves, 10 de setembro ás 11:15.
- Nearest neighbours for Support vector machines (addressed mainly to MSc students), a cargo de Adolfo J. Quiroz, Universidad de los Andes. Xoves 22 de setembro ás 10:30.
- The two-sample problem for functional data, a cargo de Joaquin Ortega, Centro de investigación en Matemáticas de México. Xoves 24 de setembro ás 10:30.
- Series of 2-3 lectures on statistical methods based on graphs, a cargo de Adolfo J. Quiroz, Universidad de los Andes. Luns 28 de setembro, hora a determinar.
- Permutation tests for functional data, a cargo de Adolfo J. Quiroz, Universidad de los Andes. Xoves 1 de outubro ás 10:30.
Máis información: http://www.crm.cat/en/Activities/Curs_2015-2016/Pages/SACD.aspx

7.- Oferta de emprego no Instituto de Investigación Biomédica
O Instituto de Investigación Biomédica de Ourense-Pontevedra-Vigo busca un titulado/a universitario/a para formación en metodoloxía e estatística en I+D+i.
Requisitos:
1) Estar en posesión dun título universitario: Licenciado,Enxeñeiro, Arquitecto, Graduado, Diplomado ou Enxeñeiro Técnico; con coñecementos de estatística aplicada no campo da Saúde. Valorarse especialmente ter cursado un Máster ou Curso de Especialización neste ámbito.
2) Estar inscritos ou cumprir os requisitos para inscribirse no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Juvenil.
Outros méritos:
Valorarase: ter cursado un Máster ou Curso de Especialización en Estatística, Metodoloxía da Investigación e/ou Saúde Pública; manexo de programas de análise estatístico (SPSS, R, etc.), e bo nivel de inglés.
Presentación de solicitudes: ata o 15 de setembro de 2015.
Máis información:
http://www.fundacionbiomedica.org/resources/downloads/578c33f03f2f92ec194295f521c47442.pdf

8.- Oferta de emprego no Instituto de Investigación Biomédica
A Fundación Pública Andaluza Progreso y Salud precisa, para a súa sede central, a contratación temporal dun técnico/a auxiliar para o Servicio de Análisis y Explotación de Información sobre Actividad Científica no Sistema Sanitario Público de Andalucía.
Funcións principais do posto:
- Apoio na elaboración de informes e estatísticas sobre I+D+I.
- Explotación de bases de datos e sistemas de información.
- Análise estatístico e creación de sistemas de avaliación.
- Auditorías para medir e mellorar a calidade dos datos.
Requisitos mínimos:
- Titulación Universitaria da rama de Estatística ou Matemáticas.
- Cumprir os requirimentos esixidos para inscribirse no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Juvenil.
Presentación de solicitudes: ata o 21 de setembro de 2015, ás 13:00 horas.
Máis información: http://www.juntadeandalucia.es/fundacionprogresoysalud/es/la-fundacion/trabaja-con-nosotros

9.- Oferta de emprego no ICMAT
O Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT, http://www.icmat.es/) busca a unha persoa para un posto de técnico en xestión de proxectos europeos na Oficina ICMAT-Europa do centro.
Valorarase a formación, a experiencia e a motivación dos candidatos, polo que se solicita un CV actualizado, unha carta de motivación e unha carta de recomendación. Requírese un nivel alto de inglés, e valorarase positivamente o coñecemento doutros idiomas. Para participar no proceso selectivo, os interesados deberán estar inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Juvenil.
Presentación de solicitudes: ata o 30 de setembro de 2015.
Máis información: http://www.icmat.es/es/trabajarICMAT/garant%C3%ADa-juvenil/proyectos-europeos

10.- Oferta de emprego no IMUS
O Instituto de Investigación de Matemáticas da Universidad de Sevilla (IMUS), ofrece un posto de xestor de proxectos no marco do Sistema Nacional de Garantía Juvenil. O contrato será de dous anos de duración. Requisitos:
- Ser graduado ou licenciado en Matemáticas (preferentemente), Enxeñería ou Física. Valoraranse especificamente coñecementos en informática de xestión e informática científica así como en inglés falado e escrito.
- Ser menor de 30 anos no momento de peche da convocatoria.
- Estar inscrito no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Juvenil.
Máis información http://www.imus.us.es/es/noticia/848

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates