Novas da SGAPEIO, 27 de xaneiro 2016

1.- VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos

Lembramos que está aberta a convocatoria da VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O período de inscrición no concurso é do 1 ao 17 de abril de 2016.

Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.

 

2.- II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016)

Durante os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo celebraremos en Santiago de Compostela o II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016), con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente, organizado conxuntamente pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) e pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE).

Envía a túa comunicación AQUÍ antes do 30 de marzo para presentala no congreso como comunicación oral ou póster. A decisión sobre a aceptación comunicarase antes do 20 de abril. Para os autores que precisen coñecer antes a decisión, habilitouse a avaliación rápida: todas as comunicacións recibidas antes do 29 de febreiro serán avaliadas antes do 15 de marzo.

Os traballos presentados no congreso poderán optar a ser publicados nun número especial de Spatial Statistics (Spatio-temporal Statistical Methods in Environmental and Biometrical Problems) ou nun número especial de Biometrical Journal (Joint Modelling and Beyond).

Máis información: http://biometria.sgapeio.es

 

3.- Seminario na Facultade de Matemáticas

O día 4 de febreiro de 2016 terá lugar o seguinte seminario no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas:

19:00-20:00 h: "Inhomogeneous spatio-temporal log-Gaussian Cox processes. Application to criminal surveillance". Jorge Mateu (Universitat Jaume I de Castellón, Spain).

Na seguinte ligazón pódese atopar información sobre o algoritmo que se presentará no seminario: http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2015/12/20/logaritmo-predecir-delitos/0003_201512G20P20996.htm

 

 4.- Olimpíada Matemática Galega 2016

 

Está aberta a convocatoria da Olimpíada Matemática Galega 2016 de 2º da ESO, un evento organizado por AGAPEMA e dirixido á procura dun ensino das Matemáticas máis orientado á resolución de problemas, á creatividade e á reflexión. A fase final terá lugar na cidade de Lugo.

As principais datas a ter en conta á hora de participar son as seguintes:

- Inscrición dos centros: ata o 29 de febreiro.

- Inscrición do alumnado: ata o 28 de marzo.

- Fase de zona: 21 de abril, 10:30 h.

- Fase final galega: 19 de maio.

Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/168

 

5.- METMA VIII

O VIII International Workshop on Spatio-Temporal Modelling (METMA VIII) terá lugar en Valencia do 1 ao 3 de xuño de 2016. O obxectivo desta reunión é promover o desenvolvemento e a aplicación de métodos de estatística espacial, temporal e, fundamentalmente, espacio-temporal en diferentes campos relacionados coas Ciencias Medio ambientais.

O programa científico inclúe sesións invitadas especiais sobre teoría, métodos e aplicacións dos temas obxecto do congreso, así como contribucións dos participantes.

Datas importantes:

- Inscrición reducida: ata o 2 de maio de 2016.

- Envío de resumos: ata o 1 de marzo de 2016.

- Comunicación da aceptación de resumos: 16 de marzo de 2016.

Máis información: http://congresos.adeituv.es/metma8/

 

6.- Conferencia Europea sobre Calidade nas Estatísticas Oficiais

O Instituto Nacional de Estatística de España e Eurostat organizan a Conferencia Europea sobre Calidade nas Estatísticas Oficiais (Q2016) que terá lugar no Círculo de Bellas Artes en Madrid, do 1 ao 3 de xuño de 2016. O programa da Conferencia compleméntase ademais cunha serie de cursos especializados, que se impartirán o día previo á Conferencia (31 de maio de 2016).

Dende a súa creación en 2001, estas Conferencias supoñen un marco idóneo para presentar e discutir o progreso e desenvolvemento da calidade nas estatísticas oficiais, así como para o intercambio de metodoloxías e boas prácticas entre expertos de diferentes ámbitos estatísticos (oficinas de estatísticas, organizacións internacionais, investigadores e académicos).

O sitio web da Conferencia (http://www.q2016.es/congress-information/committees/) ofrece información sobre a sede, aloxamento, cursos de formación e eventos sociais.

 

 7.- GEOSTAT 2016 Summer School

 

The GEOSTAT 2016 Summer School for PhD students and R-sig-geo enthusiasts will be held this year at the University of Castilla-La Mancha, Albacete, Spain in the period 17-24 September (arrive Sunday to depart Sunday).

The topics include: spatial and spatio-temporal data and analysis in R, spatial and spatio-temporal geostatistics, processing large rasters using the raster package, CartoDB and gvSIG software tutorials, visualization of spatial and spatio-temporal data in Google Earth.

This summer school is limited to 55 participants. Selection of candidates is based on a ranking system, which is based on: time of registration, solidarity (participants further away from the venue receive higher ranking), academic record, and contributions to open source projects.

Registration deadline: March 1st 2016.

Further information: http://geostat-course.org/2016

 

 8.- Summer School GAME THEORY and DYNAMIC GAMES

 

The Summer School GAME THEORY and DYNAMIC GAMES will be held in Campione d’Italia on September 4-9, 2016.

The school is oriented to PhD students, post-doc, and young scholars. It has a distinguished interdisciplinary flavour, with speakers whose experiences come from Mathematics and Economics.

It is organized in order to provide incentives for direct contacts among the participants; the lectures will be delivered in the morning and the rest of the day will be devoted to informal talks and discussions also with the speakers.

Game Theory and in particular Dynamic games are assuming a wide relevance and are applied in various fields. The aim of the school is providing insight in the dynamic aspects of those situations that are suitable for game theoretical approaches.

Further information: http://gtad.lakecomoschool.org/

 

9.- ISBIS 2016 Meeting

O International Symposium on Business and Industrial Statistics (ISBIS) terá lugar en Barcelona os días 8, 9 e 10 de xuño de 2016.

Datas importantes:

- Inscrición reducida: ata o 15 de marzo de 2016.

- Envío de resumos: ata o 1 de febreiro de 2016.

- Envío de resumos para a sesión de posters: ata o 5 de abril de 2016.

Máis información: www.stat.duke.edu/~banks/barcelona

 

10.- Curso da Universitat Autònoma de Barcelona

O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza o seguinte curso:

- Curso de Estatística Básica con R mediante RStudio – MODULO II: 8, 9 e 10 de febreiro de 2016 de 9:30 a 13:30 horas.

Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/es/content/curso-de-estad%C3%ADstica-b%C3%A1sica-con-r-mediante-rstudio-%E2%80%93-modulo-ii

 

 11.- Bolsas Fulbright 2017-2018 para ampliación de estudos en EEUU

 

Está aberta a convocatoria de Bolsas Fulbright para ampliación de estudos en EEUU no curso 2017-2018. Estas bolsas están destinadas a titulados superiores que estean interesados en programas de Master, Ph.D. ou, excepcionalmente, en proxectos de investigación predoutoral nunha universidade estadounidense durante o curso académico 2017-2018.

Presentación de solicitudes: ata o 14 de marzo de 2016.

Máis información: http://www.fulbright.es/convocatorias/ver/1484/ampliacion-de-estudios/2017-2018

 

12.- Contratos postdoutorais no ICMAT

O Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT) ofrece contratos postdoutorais para investigadores en Matemáticas cun curriculum excelente que desexe levar a cabo a súa carreira investigadora no ICMAT.

Os contratos gozan dunhas condicións económicas similares aos de programas europeos. A duración estimada dos devanditos contratos é de 2 anos. A incorporación dos contratados está prevista para o día 1 de setembro de 2016.

O prazo de presentación de solicitudes remata o martes 1 de marzo de 2016.

Máis información: http://www.icmat.es/es/Severo-Ochoa/RecursosHumanos/ICMat_Postdoc2016

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates