Novas SGAPEIO 10 xuño 2014

1.- I Encontro Luso-Galaico de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía
Lembramos que o I Encontro Luso-Galaico de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía, EES 2014, terá lugar en Vila Real, na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, do 6 ao 8 de novembro de 2014.
Este encontro temático está organizado pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) co apoio do Centro de Investigação e de Tecnologias Agroambientais e Biológicas (CITAB), Centro de Matemática da UTAD (CM-UTAD), Centro de Estatística e Aplicações da Universidade de Lisboa (CEAUL) e Centro de Matemática da Universidade do Minho (CMAT).
O encontro inclúe un programa de comunicacións orais e pósters, un minicurso, sesións plenarias, sesións invitadas, unha mesa redonda e diversas actividades sociais.
- Data límite de envío de resumos (2 páxinas): 30 de xullo de 2014.
- Notificación da decisión: 7 de setembro de 2014.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/ees2014/index.php/gl

2.- Workshop: young researchers in biostatistics
A Unidade de Bioestatística da Facultade de Medicina, Universidade de Santiago de Compostela, organiza un obradoiro de bioestatística impartido por investigadores novos. Este obradoiro terá lugar o día 11 de xuño de 2014.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/biostatnet/images/stories/fruit/workshop-young.pdf

3.- Curso de GeoGebra
No marco da edición 2014 dos seus cursos de verán, a UNIA (Universidad Internacional de Andalucía) convoca o curso "GeoGebra como recurso para unhas novas matemáticas", que se celebrará do 10 ao 12 de setembro de 2014 no Campus Antonio Machado de Baeza, Jaén.
O curso conta coa colaboración da Federación Española de Profesores de Matemáticas (FESPM) e está dirixido por Agustín Carrillo de Albornoz Torres (Universidad de Córdoba) e Tomás Recio Muñiz (Universidad de Cantabria).
Máis información: http://www.fespm.es/Geogebra-como-recurso-para-unas

4.- Axudas da Fundación BBVA á investigación
A Fundación BBVA convoca axudas dirixidas a investigadores, innovadores e creadores cullturais. Estas axudas están destinadas a apoiar directamente a investigadores e creadores culturais e profesionais que, atopándose en estadios intermedios da súa carreira, se caractericen por unha alta producción científica, cultural ou de innovación no seu campo profesional, con independencia de cal sexa a súa posición académica ou profesional actual. Esta convocatoria contempla a concesión de 50 axudas individuais en distintas áreas entre as que están as Ciencias Básicas (Física, Química e Matemáticas).
Presentación de solicitudes: ata o 30 de xullo de 2014.
Máis información: http://www.fbbva.es/TLFU/tlfu/esp/noticias/fichanoticia/index.jsp?codigo=1241

5.- Contrato de investigación da USC
Convocatoria pública de contratación de persoal na Universidade de Santiago de Compostela mediante contrato de obra ou servizo:
- Título: Consolidación e estruturación GI-1914. Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións (MODESTYA).
- Centro de traballo : Facultade de Matemáticas.
- Investigador principal: Wenceslao González Manteiga.
- Traballo a realizar: Modelización de recursos na xestión de extinción de incendios forestais, modelización na predición de indicadores medioambientais.
- Requisitos: Licenciado/a ou Grao ou Diplomatura en Matemáticas ou Estatística.
Presentación de solicitudes: ata o 21 de xuño de 2014.
Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1464_gl.pdf

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates