Novas da SGAPEIO 19 novembro 2014

1.- Curso de introdución á xenética cuantitativa
Obxectivo: Ofrecer unha introdución conceptual e práctica dos obxectivos e protocolos da xenética cuantitativa que permita poñer en valor coñecementos en matemáticas, estatística e programación para aplicalos neste campo da bioloxía.
Dirixido a: Alumnado de Grao, Máster e Doutoramento con formación matemática, e en xeral, todos aqueles profesionais das matemáticas que teñan interese en potenciais aplicacións no campo da bioloxía evolutiva e/ou a mellora xenética.
Lugar: Aula 4 da Facultade de Matemáticas.
Datas: 1-5 e 9-12 de decembro de 2014.
Inscrición:
Para inscribirse no curso mandar un correo ó seguinte enderezo de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. incluíndo os seguintes datos: nome e apelidos, enderezo de correo electrónico, titulación e/ou ano que está cursando.
Prazo de inscrición: do 10 ó 21 de novembro.
Máis información: http://xtsunxet.usc.es/cxm/#organizacion

2.- Curso da UNED “Matemáticas para todos” A UNED convoca o curso presencial "Matemáticas para todos. Como mellorar o teu rendemento en Matemáticas", dirixido ao público en xeral, e orientado a fomentar o interese e mellorar o rendemento en Matemáticas, explicando a súa importancia na sociedade contemporánea dende unha perspectiva científica, cultural e histórica.
Lugar: Aula Magna do centro UNED A Coruña.
Datas: 27 de novembro ao 18 de decembro.
Máis información: http://extension.uned.es/actividad/7659&codigo=CDN

3.- X Foro de Interacción Matemática Industria
O día 21 de novembro de 2014 terá lugar na Facultade de Matemáticas da USC o X Foro de Interacción Matemática Industria, unha proposta dos grupos de Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa das 3 universidades galegas que consolidan o seu labor de transferencia de tecnoloxía á industria e ao sector produtivo a través do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI). Neste X Foro, as empresas invitadas plantearán problemas que xurden no seu ámbito e que son susceptibles de ser tratados mediante métodos matemáticos e numéricos, estatística e investigación operativa: modelado, simulación de procesos e dispositivos, enxeñería asistida por ordenador (CAE), etc. Entre outros, pódense presentar problemas relacionados con mecánica de fluidos, cálculo de estructuras, transferencia de calor, acústica, electromagnetismo, finanzas cuantitativas, apoio á toma de decisións, asesoramento estatístico e análise de datos, control de calidade, análise de riscos, optimización de procesos, control de stocks, etc.
Máis información: http://www.itmati.com/x-foro-de-interacci%C3%B3n-matem%C3%A1tica-industria.

4.- Premio José Luis Rubio de Francia 2014
A Real Sociedad Matemática Española (RSME), co patrocinio da Universidad Autónoma de Madrid e a Universidad de Zaragoza, convoca o Premio “José Luis Rubio de Francia” (edición 2014) para xóvenes investigadores/as en Matemáticas. O prazo de presentación das candidaturas estará aberto ata o 31 de decembro de 2014, e poden presentarse no enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Máis información: http://www.rsme.es/content/view/1593/73/

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates