Novas da SGAPEIO 16 decembro 2014

1.- Actividades da SGAPEIO en 2014

Neste último boletín de novas do ano 2014, facemos balance das actividades realizadas pola SGAPEIO ao longo deste ano que remata:

-          Renovación do convenio coa Fundación Barrié.

-          Organización da IV edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos.

-          Envío dos representantes galegos á IV Fase Nacional dos Concursos tipo Incubadora de Sondaxes e Experimientos, celebrada en Granada.

-          Participación no programa Efervesciencia da Radio Galega con motivo da Incubadora de Sondaxes e Experimentos.

-          Reestruturación do contido do boletín Informest.

-          Publicación dos números 37 e 38 de Informest.

-          Organización, con AGAPEMA e educaBarrié, da Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Aplicación á Incubadora.

-          Organización, coa Sociedade Portuguesa de Estatística, do I Encontro Luso-Galaico de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía, celebrado en Vila Real.

-          Organización do curso semipresencial de R: software estatístico libre para PEMES.

-          Asistencia dun representante da SGAPEIO ao Pleno do Consello Galego de Estatística.

-          Mantemento e actualización da páxina web e envío quincenal do boletín de novas.

-          Envío de novas a través de Linkedin e Twitter.

 

2.- InvestigArte 2014/2015

InvestigArte é un concurso de arte visual científico e tecnolóxico dirixido a tres perfís específicos:

-          Investigación: Científicos profesionais.

-          Educación: Alumnos de ESO, Bacharelato e Formación profesional.

O obxectivo de InvestigArte é achegar a investigación científica e a súa importancia á sociedade utilizando como vehículo os medios visuais (fotografía, ilustración, vídeo, etc), medios accesibles e visualmente atractivos que permiten, acompañados de pequenos textos, a divulgación de forma sinxela de descubrimentos científicos actuais doutro modo inaccesibles para a maioría da poboación.

Data límite para participar: 20 de xaneiro de 2015

Máis información: www.investigarte.es

 

3.- Premio José Luis Rubio de Francia 2014

 

A Real Sociedad Matemática Española, co patrocinio da Universidad Autónoma de Madrid e a Universidad de Zaragoza, convoca o premio “José Luis Rubio de Francia” para xovenes investigadores e investigadoras en Matemáticas na súa edición do ano 2014.

Presentación de candidaturas: ata o 31 de decembro de 2014.

Máis información: http://www.rsme.es/content/view/66/73/

 

4.- Axudas predoutorais da Xunta de Galicia 2014

No Diario Oficial de Galicia do día 10 de decembro de 2014 publicouse a orde do 28 de novembro pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan Galego de Investigación, Innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C).

O obxecto do programa de apoio á etapa predoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutores e doutoras nos seus centros, nas seguintes modalidades:

– Modalidade A (70 axudas): Axudas de carácter xeral de apoio á etapa predoutoral.

– Modalidade B (12 axudas): Axudas de carácter específico de apoio á etapa predoutoral no ámbito do Campus de Excelencia Internacional «Campus do Mar».

– Modalidade C (12 axudas): Axudas de carácter específico de apoio á etapa predoutoral no ámbito do Campus de Excelencia Internacional «Campus Vida».

Presentación de solicitudes: antes das 14 horas do día 5 de xaneiro de 2015.

Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141210/AnuncioG0164-011214-0003_gl.pdf

 

5.- Bolsas para prácticas en empresas 2014-15

A Universidade de Santiago de Compostela, ao abeiro do convenio de colaboración entre a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), a Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (CEPYME) e o Banco Santander, convoca 141 bolsas para a realización de prácticas externas en pequenas e medianas empresas. Este programa está dirixido a a estudantes de grao e posgrao das universidades españolas para realizar prácticas formativas durante un período de tres meses.

O obxectivo das bolsas é complementar a formación dos estudantes, achegándolles a realidade do ámbito profesional, ampliando os seus coñecementos e favorecendo o seu contacto con empresas que poderán facilitarlles a súa posterior inserción laboral.

Prazo de inscrición: 15 de novembro 2014 - 31 de xaneiro 2015.

Máis información: http://www.becas-santander.com/

 

6.- Bolsas de posgrao de “la Caixa” 2015

A Obra Social "la Caixa" convoca 145 bolsas internacionais e nacionais para cursar estudos de posgrao en España, Europa, América do Norte e a zona Asia – Pacífico.

Peche das convocatorias:

-          España: 23 de febreiro de 2015.

-          Europa: 9 de febreiro de 2015.

-          América do Norte: 27 de abril de 2015.

-          Zona Asia-Pacífico: 23 de marzo de 2015.

Máis información: http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/becasdeposgrado_es.html

 

7.- Contrato na Unidade de Bioestatística da Facultade de Medicina

Convocatoria pública de contratación de persoal na Universidade de Santiago de Compostela mediante contrato de obra ou servizo:

- Título: Consolidación e estruturación REDES GI-2127. INBIOEST: Novas ferramentas estatísticas e computacionais aplicadas á investigación en Sáude, Deporte e Medio Ambiente.

- Centro de traballo : Unidade de Bioestatística da Facultade de Medicina.

- Investigador principal: Carmen Cadarso Suárez.

- Traballo a realizar: Apoio na elaboración de memorias cientifico-técnicas, xestión das ferramentas web e organización de actividades científicas e de divulgación no marco da rede INBIOEST.

- Requisitos: Licenciado/a ou Grao en Matemáticas. Nos méritos puntúase a formación en Estatística.

Presentación de solicitudes: ata o 20 de decembro de 2014.

Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1529_gl.pdf

 

8.- Contrato na Facultade de Matemáticas

Convocatoria pública de contratación de persoal na Universidade de Santiago de Compostela mediante contrato de obra ou servizo:

- Título: Consolidación e estruturación (GRC) GI-1914. Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións (MODESTYA).

- Centro de traballo : Facultade de Matemáticas.

- Investigador principal: Wenceslao González Manteiga.

- Traballo a realizar: Modelización de recursos na xestión de extinción de incendios forestais e modelización na predición de indicadores medioambientais.

- Requisitos: Licenciado/a ou Grao ou Diplomatura en Matemáticas ou Estatística.

Presentación de solicitudes: ata o 20 de decembro de 2014.

Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1529_gl.pdf

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates