Oferta de emprego público para o INE

Na Oferta de Emprego Público para o ano 2016 (BOE Nº 70 do 22 de marzo) apróbaronse 26 prazas para o Corpo Superior de Estatísticos do Estado e 40 para o Corpo de Diplomados en Estatística do Estado, na quenda de acceso libre. O Instituto Nacional de Estadística (INE) espera convocar as correspondentes oposicións ao longo deste ano 2016.

Unha vez convocadas as oposicións, o INE realizará unhas sesións informativas, nas que se detallará o proceso da oposición e as condicións de acceso ao Organismo. Toda a información relacionada con este tema irase publicando na súa páxina web: www.ine.es

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates