O Real Colegio Complutense ofrece á comunidade universitaria española bolsas de posgrao e axudas de investigación co fin de que sexa posible incorporarse a calquera dos programas e actividades académicas que ofrece a Universidade de Harvard, en todas as áreas do coñecemento.

Está aberta a convocatoria para o curso 2011-2012 de:

- Bolsas para estudos de posgrao dirixidas a licenciados, enxeñeiros ou arquitectos para completar a súa formación nos Programas para Graduados de Harvard University.

- Bolsas e prazas de investigación dirixidas a profesores doutores das Universidades españolas para levar a cabo un proxecto de investigación nun centro de Harvard University.

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates