O Departamento de Estadística da Universidad Carlos III de Madrid ofrece prazas de Profesor Visitante a tempo completo para impartir docencia en castelán e inglés en calquera dos Campus da Universidade, comenzando o 1 de Setembro de 2011. Os candidatos deben estar en posesión do título de Doutor, e demostrar experiencia en investigación nun dos campos seguintes:

•  Estatística,
•  Econometría, ou
•  Investigación Operativa

O contrato que se ofrece ten unha duración de dous anos. As retribucións rexiranse polas normas que estipule o Convenio Laboral sobre o Personal Docente e Investigador da Comunidade Autónoma de Madrid. O contrato pode ser renovado por un máximo de ata dous periodos adicionais de dous anos, sempre e cando as necesidades académicas do Departamento o permitan. Para optar a estas renovacións, o candidato deberá acreditar unha actividade satisfactoria tanto na docencia como na investigación. As circunstancias e os términos da renovación discutiranse individualmente con cada candidato. Unha vez completado o periodo de contratación cuns resultados docentes e investigadores suficientes, o Departamento podería considerar a convocatoria dunha praza de Profesor Titular de Universidade.
Para obter máis información sobre a Universidad Carlos III de Madrid e o Departamento de Estadística, pódense consultar as direccións electrónicas http://www.uc3m.eshttp://www.est.uc3m.es, respectivamente.

As personas interesadas nesta convocatoria deben dirixirse a:

Universidad Carlos III de Madrid
Secretaría del Departamento de Estadística (Despacho 10.1.09B)
Ref: Contratación de Profesores Visitantes
C/Madrid, 126
28903 Getafe (Madrid) SPAIN
A documentación que os candidatos deben enviar ao Departamento debe incluír:

•  Unha carta de solicitude,
•  Un Curriculum Vitae,
•  Duas cartas de referencia.

A data límite de recepción de peticións é o 31 de Decembro de 2010. Durante os primeiros quince días de Febreiro o Departamento de Estadística solicitará aos candidatos preseleccionados que visiten o Departamento e impartan un seminario de investigación.

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates