A Universidade de Santiago de Compostela convoca concurso público para contratar persoal que especificamente colabore en actividades de investigación. Entre as prazas convocadas hai unha para un licenciado en matemáticas con orientación de estatística:

Proxecto: Modelos de inferencia non paramétrica para indicadores medioambientais.

Centro: Facultade de matemáticas.

IP: Wenceslao González Manteiga

Traballo a realizar: Programación en R de indicadores medioambientais relacionados cos datos direccionais e con cópulas de datos direccionais-lineais.

Titulación: Licenciatura en matemáticas con orientación de estatística.

Méritos: Expediente de licenciatura (5 ptos), cursos adicionais de máster ou doutorado (2 puntos), coñecemento de R (1 punto), coñecemento de funcións cópula (2 puntos).

Condicións do contrato:

-          Retribución bruta mensual: 437,15€

-          Duración do contrato: 1o meses

-          Data inicio prevista: 01/03/11

-          Data fin prevista: 31/12/11

-          Xornada laboral: tempo parcial

Presentación de solicitudes: ata o 18 de xaneiro de 2011.

Máis información: Resolución reitoral

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates