O Instituto de Estatística, Bioestatística e Ciencias Actuariais (ISBA) da Universidad Católica de Lovaina, Louvain-la-Neuve, Bélgica, ofrece unha praza a tempo completo de investigación postdoutoral, a partir de xuño de 2011.

Descrición: a praza está relacionada co proxecto de investigación "Inferencia semiparamétrica para supervivencia e Modelos Cure", cos investigadores Prof. Anouar El Ghouch, Prof. Heuchenne Cédric, Prof. Catherine Legrand e Prof. Ingrid Van Keilegom. Este proxecto está orientado aos campos de Análise de Supervivencia, Estatística non paramétrica e semiparamétrica, datos de duración e modelos de risco competitivos.

Espérase que o candidato traballe nos temas mencionados.

Duración: un ano.

Salario: Arredor de 2.000 euros ao mes libres de impostos.

Requisitos: Doutorado en Estatística ou Matemáticas.

Enviar a seguinte documentación á administradora do ISBA, Nancy Guillaume (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.), antes do 01 de maio de 2011:

- Unha carta de motivación

- Currículum vitae

- Lista de cursos no programa de doutorado cos graos correspondentes

- Lista de publicacións

- Copia de diplomas

- Polo menos unha carta de recomendación que deberá ser enviada directamente por e-mail do referee

Só se considerarán as solicitudes debidamente cumprimentadas.

Mais información: Oferta

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates