O Ministerio de Educación convoca 148 bolsas de formación e investigación para o ano 2012 (BOE nº 266 de 4 de novembro). O obxectivo específico das bolsas é a formación e investigación en diferentes materias aplicadas á educación, promovendo a participación e colaboración dos adxudicatarios das bolsas nas tarefas formativas que se lle encomenden nas unidades administrativas.

Presentación de solicitudes: ata o 24 de novembro.

Bolsas para matemáticos:

- Bolsa 17: actividades a desenvolver no “Servicio de Apoyo Informático”.

- Bolsa 19: actividades relacionadas con análise de páxinas educativas en Internet, valoración e orientación de aplicacións multimedia aplicables na aula, elaboración e sistematización de directorios dirixidos aos diversos membros da comunidade escolar con materiais educativos obtidos en Internet, e implementación e mantemento de recursos educativos xa existentes.

- Bolsa 43: Actividades relacionadas coa información, apoio informático e difusión electrónica.

- Bolsa 49: avaliación e análise de datos.

- Bolsa 50: indicadores e estadísticas educativas.

- Bolsa 51: avaliación internacional.

- Bolsa 53: estatística.

Máis información: BOE

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates