O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) aprobou as bases reguladoras do Programa do Igape de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013 (DOG nº 111 do 12 de xuño de 2012).

O obxectivo destas bolsas é formar a titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa, e os candidatos deben ter algunha das seguintes titulacións universitarias: física, enxeñaría, matemáticas, química, ciencias económicas e empresariais, administración e dirección de empresas, ciencias empresariais, economía, e dereito.

Máis información: DOG111-12062012

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates