A Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades convoca as axudas do subprograma de estancias de mobilidade de profesores e investigadores en centros estranxeiros (BOE nº 157 do 2 de xullo de 2012).

Este subprograma persigue estimular a mobilidade do profesorado universitario e investigadores dos organismos e centros de I+D, en centros de ensinanza superior e de investigación estranxeiros, para propiciar a actualización dos seus coñecementos e a aprendizaxe de novas técnicas e métodos.

Dentro do subprograma existen dúas modalidades:

Modalidade A (300 axudas): Estancias de mobilidade de profesores e investigadores sénior en centros estranxeiros de ensinanza superior e investigación, ou excepcionalmente españois.

Modalidade B (240 axudas): Estancias de mobilidade no estranxeiro "José Castillejo" para doutores novos/as.

Presentación de solicitudes: do 11 ao 31 de xullo de 2012.

Mais información: Axudas

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates