No Diario Oficial de Galicia do día 15 de outubro de 2013 publicouse a orde do 2 de outubro pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa inicial posdoutoral do Plan Galego de Investigación, Innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C).

Hai dúas modalidades de axudas:

- Modalidade A: Contrato dun máximo de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrato de retorno dun ano de duración nunha universidade do SUG.

- Modalidade B: Contratos dun ano de duración, sen posibilidade de prórroga, nunha universidade do SUG, dirixidos ao persoal doutor investigador beneficiario dun contrato da convocatoria 2007 ou 2009 do programa Angeles Alvariño, nunha universidade do SUG, sempre que finalizase este programa e completase os 24 meses de estadías posdoutorais.

Máis información: Axudas

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates