O Instituto Universitario de Matemáticas y Aplicaciones (IUMA) da Universidade de Zaragoza (http://iuma.unizar.es/) convoca 8 bolsas para recén licenciados ou estudantes do último curso de Matemáticas que desexen iniciarse na investigación.

  • Temas: calquera de Matemáticas, incluíndo especialmente: Álxebra, Análise Matemático, Análise Numérico, Astrodinámica, EDPs, Estatística, Xeometría, Optimización, Probabilidade e Topoloxía
  • Duración: tres meses (entre o 1 de outubro e o 31 de decembro de 2010)
  • Contía: 1.000 € ao mes
  • Os interesados deben presentar unha instancia solicitando a bolsa (indicando o tema preferido) e o seu Curriculum Vitae (con cualificacións das materias cursadas) na Secretaría do IUMA (Edificio de Matemáticas, 1ª planta) ou por correo electrónico á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates