A Axencia Galega de Innovación convoca bolsas para realizar estadías en centros de investigación e innovación de fóra da comunidade autónoma, dirixidas a técnicos contratados en centros tecnolóxicos de Galicia e en organismos públicos de investigación con centros radicados en Galicia, alleos ao Sistema Universitario de Galicia.

As bolsas poderán ser solicitadas por investigadores e técnicos con vinculación en vigor en centros tecnolóxicos de Galicia ou en organismos públicos de investigación (OPI), alleos ao SUG, que teñan centros radicados na Comunidade Autónoma nos cales desenvolve a súa actividade o solicitante. A vinculación laboral deberá estar vixente na data do remate do prazo de presentación da solicitude.

Presentación de solicitudes: ata o 21 de marzo de 2014.

Máis información: BOE36-21022014

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates