A Deputación Provincial de Ourense convoca concurso público para a concesión de 10 bolsas internacionais e individuais de estancias e prácticas laborais en empresas europeas no marco do Programa europeo Leonardo da Vinci (BOP nº114 do mércores 21 de xuño de 2014).

A finalidade é a de apoiar os participantes en actividades de formación para a adquisición de coñecementos, competencias e cualificacións que completen o desenvolvemento persoal e profesional, facilitando a mobilidade dos traballadores en Europa e promovendo o desenvolvemento de prácticas innovadoras e a súa transferencia entre os países participantes, fomentando o perfeccionamento de linguas estranxeiras.

As prácticas desenvolveranse en empresas da Unión Europea, preferentemente en Reino Unido e Portugal.

Requisitos:

- Titulación universitaria oficial de grao, licenciatura, diplomatura, Enxeñería, Enxeñería Técnica, Arquitectura, Arquitectura Técnica.

- Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: portugués e/ou inglés.

- Posuír coñecementos de informática a nivel de usuario.

- Non ter gozado anteriormente dunha bolsa dun programa de Mobilidade Europea para a realización de prácticas laborais no estranxeiro.

Presentación de solicitudes: ata o 5 de xuño de 2014.

Máis información: Bolsas

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates