Financiado polo programa de consolidación e estruturación de grupos de referencia competitiva da Xunta de Galicia, convócase un contrato de investigación a tempo completo para o grupo SiDOR.

Perfil do posto:

O seleccionado realizará tarefas de investigación dentro das liñas estratéxicas do grupo SiDOR. En particular, espérase que o contrato posibilite avances significativos no modelizado e análise de datos médicos, no marco de distintas colaboracións que ten na actualidade o grupo SiDOR con unidades hospitalarias da zona sur de Galicia.

Lugar de traballo:

Departamento de Estatística e Investigación Operativa, Universidade de Vigo, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Lagoas-Marcosende 36310, Vigo.

Requisitos:

Titulación superior (licenciatura, ou grao e máster) na área de Estatística e Investigación Operativa.

Máis información: Oferta

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates