ABANCA está buscando un experto en CRM analítico co seguinte perfil:

-          Licenciado en Matemáticas, Estatística, Físicas, Informática ou Enxeñería.

-          Experiencia ou coñecemento en creación de modelos predictivos e explicativos con técnicas estatísticas e/ou de intelixencia artificial (regresión loxística, árbores de decisión, redes neuronais, redes bayesianas, análise cluster, análise factorial, análise conxunto,…).

-          Experiencia ou coñecemento en utilización de suites de modelización como Clementine, pass modeler, SAS, R e similares.

-          Coñecemento de SQL.

-          Visión de negocio e orientación a resultados pragmáticos.

-          Valoraranse moi positivamente os coñecementos de ferramentas de xeomarketing, xestión de campañas e/ou business intelligence (Geostats,TCRM, ARM, OBIEE, Business objects, Microstrategy ).

Funcións do posto:

-          Deseño, entrenamento, validación e implementación de modelos predictivos e explicativos: (campañas e accións comerciais, produtos e servizos, ect).

-          Deseño de segmentacións estratéxicas e tácticas.

-          Deseño de mostras para experimentos/test de produtos, campañas e accións comerciais.

-          Estudo e categorización de redes de relacións entre clientes e oportunidades de negocio asociadas.

A data límite para recibir candidatos é o 17 de setembro de 2014.

Os posibles interesados deben poñerse en contacto con Julián Gutiérrez no enderezo de correo electrónico:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates