O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CITIUS) oferta un contrato de traballo a tempo completo asociado á actividade “Adaptation of Direct Kernel Perceptron for the classification of chemical-genetic patterns in the pharmacological domain”.

Requisitos mínimos:

- Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos ou equivalentes: graduado en Informática, enxeñeiro técnico en Informática, licenciado en Matemáticas, licenciado en Física.

- Experiencia en programación na linguaxe C++.

- Manexo de sistemas GNU/Linux.

Habilidades valorables:

- Coñecemento de tecnoloxías de análise intelixente de datos.

- Coñecemento de estratexias de paralelismo e supercomputación.

As persoas interesadas poden enviar o seu currículo mediante correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata o día 31/10/2014.

Máis información: Convocatoria

 

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates