O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) busca 1 investigador/a para o proxecto “UNIDADE MIXTA DE INVESTIGACIÓN (UMI) REPSOL-ITMATI”. O persoal que se incorpore nesta convocatoria realizará tarefas de investigación nalgún dos ámbitos de investigación que se desenvolven na UMI: modelización, optimización, simulación numérica (modelos EDP´s), programación e computación.

Perfís dos candidatos: Doutores/as relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñería e a Informática.

As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 5 de decembro de 2014 ás 14:00 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante coas experiencias adicionais a valorar na convocatoria, curriculum vitae (con teléfono móbil e correo electrónico) e o expediente académico de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Máster ou Doutorado. Se os candidatos o estiman oportuno tamén poderán achegar á súa solicitude cartas de recomendación. Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando no “asunto” a referencia da oferta ITMATI-OT-08/2014.

Máis información: Oferta

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates