No Diario Oficial de Galicia do día 10 de decembro de 2014 publicouse a orde do 28 de novembro pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan Galego de Investigación, Innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C).

O obxecto do programa de apoio á etapa predoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutores e doutoras nos seus centros, nas seguintes modalidades:

– Modalidade A (70 axudas): Axudas de carácter xeral de apoio á etapa predoutoral.

– Modalidade B (12 axudas): Axudas de carácter específico de apoio á etapa predoutoral no ámbito do Campus de Excelencia Internacional «Campus do Mar».

– Modalidade C (12 axudas): Axudas de carácter específico de apoio á etapa predoutoral no ámbito do Campus de Excelencia Internacional «Campus Vida».

Presentación de solicitudes: antes das 14 horas do día 5 de xaneiro de 2015.

Máis información: DOG236-10122014

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates