A Universidade de Santiago de Compostela, ao abeiro do convenio de colaboración entre a Conferencia de Reitores das universidades Españolas (CRUE), a Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (CEPYME) e o Banco Santander, convoca 141 bolsas para a realización de prácticas externas en pequenas e medianas empresas. Este programa está dirixido a a estudantes de grao e posgrao das universidades españolas para realizar prácticas formativas durante un período de tres meses.

O obxectivo das bolsas é complementar a formación dos estudantes, achegándolles a realidade do ámbito profesional, ampliando os seus coñecementos e favorecendo o seu contacto con empresas que poderán facilitarlles a súa posterior inserción laboral.

Prazo de inscrición: 15 de novembro 2014 - 31 de xaneiro 2015.

Máis información: Bolsas

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates