image1 image1 image1

Publicouse a versión 2.0 de BioStatFLOSS

BioStatFLOSS é unha recopilación de software xa preparado para o seu uso (non precisa instalación), de utilidade para a realización de estudos (bioestatísticos, epidemiolóxicos e de saúde en xeral), investigación biomédica e/ou formación bioestatística. Ademais, inclúe a suite LibreOffice e o navegador Firefox polo que tamén está indicado para o traballo ofimático (procesador de texto, folla de cálculo, presentacións, ..) e para Internet. Todo o software incluído é gratuíto e de libre distribución.

Máis información: BioStatFLOSS


2017  SGAPEIO   globbers joomla templates