image1 image1 image1

Curso de Estatística avanzada con R para profesionais da saúde

A Universidade de Vigo organiza o curso de formación “Estatística avanzada con R para profesionais da saúde”. O curso é totalmente non presencial para que os titulados deste ámbito poidan seguilo en horario libre e dende calquera lugar de modo compatible coa súa actividade.

- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados).

- Período de matrícula: do 15 de febreiro ao 10 de marzo de 2015.

- Período de docencia: do 15 de marzo ao 15 de abril de 2015.

O curso inclúe algunhas das técnicas estatísticas avanzadas máis utilizadas na investigación médica (análise de supervivencia, deseños de investigación, meta-análise, regresión de Cox, regresión de Poisson, regresión ordinal, regresión loxística multinomial), con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que sen dúbida eses coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Faitic, a plataforma de tele docencia da Universidade de Vigo.

Este curso ten concedido o recoñecemento da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia -Sistema Público de Saúde- como actividade de formación continua para todos os profesionais sanitarios titulados.

Máis información: Curso

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates