image1 image1 image1

Curso de postgrao en técnicas de investigación social

Está aberta a convocatoria 2015-16 do curso de postgrao de formación de especialistas en investigación social aplicada e análise de datos organizado polo Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS).

Este curso de postgrao ten como finalidade contribuír á formación de titulados universitarios superiores nas técnicas de investigación social, dando especial relevancia á recollida de datos e á análise, interpretación e presentación dos mesmos, todo cunha orientación esencialmente práctica.

O curso é de carácter presencial e está estruturado en dous módulos cos seguintes contidos:

- Módulo 1: a recollida de datos e a investigación mediante enquisas.

- Módulo 2: análise e interpretación de datos de enquisas.

Os ensinos de cada módulo inclúen clases teóricas e prácticas. A realización de exercicios prácticos está titorizada por técnicos do CIS.

Inscrición: ata o 4 de setembro de 2015.

Máis información: Curso

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates