image1 image1 image1

Xornada Big Data en Enerxía

O día 18 de setembro de 2015 celebrarase na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela a Xornada Big Data en Enerxía. Esta xornada pretende explorar o fenómeno Big Data no sector da enerxía cun un dobre obxectivo:

  • Detectar as necesidades das empresas do ámbito enerxético en relación ao tratamento e análise de grandes bases de datos.
  • Presentar as metodoloxías da estatística e a investigación operativa que poden ser de utilidade á hora de solucionar os problemas asociados ao fenómeno Big Data.

Nas distintas sesións que se desenvolverán ao longo do día participarán empresas do sector da enerxía (EDF – Recherche et Développement, Fridama, Reganosa, Repsol), centros especializados en supercomputación e tecnoloxías da información (CESGA, CiTIUS), e investigadores académicos con ampla experiencia na aplicación de métodos da estatística e a investigación operativa ás problemáticas propias do contexto enerxético (Universidad Carlos III de Madrid, Universidade da Coruña, Universidad de Sevilla).

A inscrición na xornada é gratuíta, pero é necesario rexistrarse como asistente mediante o formulario de inscrición habilitado na páxina web da Xornada Big Data en Enerxía antes do martes 15 de setembro de 2015 (inclusive). Entregarase un certificado de asistencia aos asistentes que así o soliciten na súa inscrición.

A xornada retransmitirase en directo polo sistema de videoconferencia de Aula Máster e no seguinte portal LifeSize System http://193.144.34.42/videos/.

A Xornada Big Data en Enerxía está organizada e financiada pola Rede Tecnolóxica de Matemática Industrial (Rede TMATI) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Nesta rede participan grupos de investigación da Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, ITMATI e a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA). Colabora tamén con esta xornada a Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Data e lugar de celebración: venres 18 de setembro de 2015 na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Organiza: Rede TMATI da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, ITMATI e CESGA.

Colaboran: Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Máis información: Xornada Big Data en Enerxía.

 

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates