image1 image1 image1

Curso de Estatística avanzada con R para profesionais da saúde

A Universidade de Vigo, en colaboración coa Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, organiza o curso de formación “Estatística avanzada con R para profesionais da saúde”. O curso é totalmente non presencial para que os titulados do ámbito biosanitario (ou estudantes universitarios de último curso) poidan seguilo en horario libre e dende calquera lugar de modo compatible coa súa actividade.

- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados e membros da Fundación Biomédica).

- Período de matrícula: do 1 ao 28 de marzo de 2016.

- Período de docencia: do 1 de abril ao 15 de maio de 2016.

O curso inclúe algunhas das técnicas estatísticas avanzadas máis utilizadas na investigación médica (análise de supervivencia, deseños de investigación, meta-análise, regresión de Cox, regresión de Poisson, regresión ordinal, regresión loxística multinomial), con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos. O curso é eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Faitic, a plataforma de tele docencia da Universidade de Vigo.

Este curso está recoñecido polo Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia coa asignación de 5,3 créditos para todos os profesionais sanitarios titulados.

Máis información: Curso

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates