image1 image1 image1

Novas de BIOAPP2016

O Comité Organizador do II Encontro Galaico-Portugués de Biometría comunica que se amplía o prazo para o envío de comunicacións. Novas datas:

- Data límite para o envío de comunicacións: 17 de abril (antes 31 de marzo).

- Data límite para a notificación de aceptación: 6 de maio (antes 20 de abril).

- Data límite para a inscrición reducida: 15 de maio (antes 30 de abril).

Lembramos que os traballos presentados neste Encontro poderán optar a ser publicados nun número especial de Biometrical Journal ou nun número especial de Spatial Statistics.

Ademais están convocados DOUS PREMIOS:

- Premio de 500 € á mellor comunicación sobre aplicacións en Ciencias da Saúde entre as presentadas en BIOAPP2016 por un investigador/a novo/a. Patrocinado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

- Premio de 500 € á mellor comunicación sobre aplicacións en Ecoloxía ou Ciencias do Medio Ambiente entre as presentadas en BIOAPP2016 por un investigador/a novo/a. Patrocinado pola Cátedra Luis de Camoens Universidad Carlos III de Madrid-Banco de Santander.

Máis información na páxina web do congreso: http://biometria.sgapeio.es

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates